Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    07 de xuño de 2019

    Esta aplicación, dirixida especialmente a persoas xordas ou con deficiencias auditivas, recoñece voz e sons en tempo real e de xeito automático e transcríbeos a texto. En total recoñece setenta linguas, entre as que se atopa o catalán.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

      07 de xuño de 2019

      Concretamente, podería supor a creación de máis de 10 000 postos de traballo e ao redor do 2 % do PIB asturiano. Son estimacións baseadas nos resultados obtidos na Comunidade Valenciana, no País Vasco e en Galicia sobre o estudo do impacto das súas linguas na economía. Os datos revelan que en todas elas, como mínimo, o 2 % do PIB  (4 % no caso vasco), entre 30 e 50 mil postos de traballo e máis de mil millóns de euros dependen deste impacto.

      07 de xuño de 2019

      Víctor Freixanes, presidente da Real Academia Galega, laiouse, no marco dun seminario internacional celebrado na Universidade Federal Fluminense, da pouca implantación do portugués nos centros educativos galegos e reclamou maior presenza desta lingua nas escolas de Galicia.

      Fonte: Galicia Confidencial

      07 de xuño de 2019

      Os ministros de Educación da Unión Europea aprobaron unhas recomendacións no ámbito educativo que axudarán o alumnado de secundaria a aprender dúas linguas estranxeiras máis antes da chegada á universidade.

      Fonte: El Periódico

      07 de xuño de 2019

      A Feira Internacional do Libro de Asunción, Paraguai, rende homenaxe ás linguas nativas con multitude de actividades con motivo do Ano Internacional das Linguas Indíxenas.

      Fonte: Ñandutí

      06 de xuño de 2019

      Novas entradas, como "bitcoin" ou "nano", novas acepcións como as de "falcó" e "falconer" ou modificacións de significados, como o de "bell sexe", onde agora se indica que é discriminatorio, son os cambios que recolle a nova edición do dicionario catalán. En total, engadíronse 14 novas palabras e realizáronse case 200 modificacións.

      Fonte: La Vanguardia

       

      06 de xuño de 2019

      A Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Nules abriu a convocatoria de axudas para a promoción do valenciano por parte de empresas, comercios e industrias. Segundo a convocatoria, subvencionarase, cun máximo de cincocentos euros, ata un 75 % do orzamento solicitado para a rotulación exterior e interior de locais, rotulación de vehículos, impresos publicitarios e comerciais, etiquetas, carteis etc.

      Fonte: El Periodic

      06 de xuño de 2019

      O certame Youtubeir@s, destinado a encher YouTube de vídeos en galego, ten este mes de xuño dúas grandes citas. Unha delas será o 8 de xuño na Coruña co obxectivo de xerar un espazo para reflexionar sobre o panorama creativo nesta plataforma dende varios ámbitos.

      Fonte: Código Cero

      06 de xuño de 2019

      O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, abriu na cidade brasileira de Niterói o I Seminario Internacional de Estudos Lingüísticos. Galego e portugués: o pasado presente, que reúne expertos en lingua galega e portuguesa de ambas as beiras do Atlántico ata o vindeiro día 8 de xuño.

      05 de xuño de 2019

      A 6.ª edición da Olimpíada da Lingua Portuguesa recibiu máis de 170 mil inscricións de todos os estados do Brasil nun total de cinco categorías de xéneros textuais.

      Fonte: O Semanário

      Boletín

      Subscríbase ao boletín

      Logo Feder