Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    23 de setembro de 2019

    Varios membros da Mesa pola Normalización Lingüística protestaron no centro comercial de Ikea na Coruña polo seu menosprezo cara ao galego, pois o catálogo nesta lingua só se atopa en atención ao cliente e devolucións.

    Fonte: Sermos Galiza

    23 de setembro de 2019

    Os 90 000 euros desta partida foron finalmente repartidos entre 22 proxectos para a normalización do éuscaro presentados por 14 entidades distintas. Cada un recibiu entre 430 e 16 000 euros de axuda.

    Fonte: Pamplona Actual

    23 de setembro de 2019

    Segundo os datos dunha enquisa realizada polo Concello de Valencia, apenas o 1,3 % da poboación emprega o valenciano como idioma habitual mentres que case oito de cada dez persoas usan o castelán. Así mesmo, a arredor do 18 % élle indiferente utilizar unha ou outra lingua.

    Fonte: Levante

    23 de setembro de 2019

    O presidente do Instituto Camões, Luís Faro Ramos, defendeu, con motivo da presentación da rede de ensino do portugués no estranxeiro, a necesidade de que os países observadores da CPLP adopten o portugués como lingua opcional nas escolas.

    Fonte: País ao Minuto

    23 de setembro de 2019

    O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH) rendeulle homenaxe ao profesor, crítico literario e investigador Luís Alonso Girgado, con motivo da súa xubilación.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    20 de setembro de 2019

    O Goberno vasco, xunto a EiTB e TOKIKOM, desenvolveu Euskal Private Market Place, un produto dirixido ás axencias de anuncios que queiran empregar o éuscaro nas súas publicacións, o que abre un novo mercado para os espazos de publicidade programática.

    Fonte: Noticias press

    20 de setembro de 2019

    A Confederación Estatal de Persoas Xordas realizou esta petición, que suporía a reforma do artigo 3 da Constitución Española. Ademais, reclaman a redacción dunha estratexia para o ensino, o uso e a promoción destas linguas, e que sexan recoñecidas pola Carta Europea de Linguas Minoritarias e que se inclúan en futuras lexislacións sobre igualdade e non discriminación lingüística.

    Fonte: Servimedia

    20 de setembro de 2019

    A proximidade nas relacións entre Siria e a Federación Rusa leva a que cada vez máis cidadáns sirios aprendan a lingua rusa tanto en universidades como en centros privados.

    Fonte: Al-Monitor

    20 de setembro de 2019

    O Instituto Portugués de Oriente, con sede en Macau, abrirá unha nova delegación en Pequín e un centro de lingua portuguesa na cidade de Chengdu.

    Fonte: País ao Minuto

    20 de setembro de 2019

    A Asociación Socio-Pedagóxica Galega organiza o XVIII Concurso de Relato Oral “Tíralle da Lingua”, un certame dirixido á comunidade educativa que ten como obxectivo normalizar o uso oral do galego para que se converta en instrumento normal de comunicación e creación de historias.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder