O presidente da República de Suráfrica apoiou con motivo do Día do Patrimonio Nacional a promoción e preservación das linguas indíxenas e afirmou que todos os idiomas falados no país teñen o mesmo valor.
Fonte: The South African
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O presidente da República de Suráfrica apoiou con motivo do Día do Patrimonio Nacional a promoción e preservación das linguas indíxenas e afirmou que todos os idiomas falados no país teñen o mesmo valor.
Fonte: The South African
A totalidade de grupos que integran a coalición de goberno de Letonia apoia a aplicación da lei que establece que a lingua estatal, o letón, debe ser o idioma principal de instrución en todas as etapas educativas.
Fonte: Baltic News Network
Membros do Parlamento de Navarra e da Real Academia da Lingua Vasca-Euskaltzaindia mantiveron unha reunión para planificar as colaboracións entre ambas as institucións, na que se comprometeron, entre outras cuestións, a continuar dándolle visibilidade ao éuscaro a través de proxectos educativos, culturais e etnográficos.
Fonte: Noticias de Navarra
Ao longo do ano 2018 a Oficina de Dereitos Lingüísticos recibiu un total de 31 reclamacións, 53 suxestións e 3 consultas. No que respecta ás motivacións destas, a maior parte produciuse por incidencias en internet ou as redes sociais, seguidas de temas relacionados coa rotulación e a toponimia e, en terceiro lugar, por cuestións relativas á atención escrita e oral.
Fonte: Las Provincias
O Concurso Literario en Lingua Catalá Roc Boronat, convocado pola ONCE, está dirixido a dous grupos de participación: un para persoas con algún tipo de discapacidade visual e outro para o todo público en xeral.
Fonte: Generalitat de Cataluña
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, recibiu na Cidade da Cultura a 22 alumnos e a dúas profesoras do Instituto Santiago Apóstolo de Bos Aires que estes días visitan Galicia en viaxe de estudos.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Un neno británico de 13 anos, Daniel Jillings, uniuse a unha campaña que demanda que a lingua de signos británica se integre plenamente no currículo de secundaria do Reino Unido.
Fonte: ITV News
A institución organizadora da Semana da Lingua Estoniana, o Instituto Estoniano, anima a todas as persoas independentemente da súa procedencia a acadar a cifra dos 3 millóns de estudantes deste idioma báltico.
Fonte: Estonian World
Ata o 31 de outubro catorce barrios da cidade de Donostia acollerán o programa de lecer en éuscaro Parketarrak destinado a nenas e nenos de 3 a 9 anos de idade e que ten como obxectivo aumentar o emprego desta lingua mentres xogan na rúa ou no parque.
Fonte: Ayuntamiento de Donostia
A canle de televisión TV Cultura estreará con motivo do Día Nacional das Persoas Xordas a serie Crisálida, a primeira produción bilingüe en portugués e en lingua de signos.
Fonte: Estadão
Subscríbase ao boletín