A Academia da Lingua Hebrea acaba de publicar unha lista que inclúe un total de 1400 novas palabras, moitas delas do ámbito xurídico e que substitúen termos tomados da lingua inglesa.
Fonte: The Times of Israel
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A Academia da Lingua Hebrea acaba de publicar unha lista que inclúe un total de 1400 novas palabras, moitas delas do ámbito xurídico e que substitúen termos tomados da lingua inglesa.
Fonte: The Times of Israel
No marco do certame Youtubeir@s, o concurso que ten como obxectivo encher as redes sociais con vídeos en galego, a Universidade de Santiago acolle o 28 de xuño o encontro “Lista de reprodución o vivo”, que busca intercambiar coñecementos, recursos e habilidades entre as persoas que integran a comunidade youtubeira.
Fonte: Código Cero
En total, premiáronse seis producións audiovisuais realizadas en éuscaro por alumnos e alumnas de entre 14 e 16 anos, das seis escolas participantes. A importancia deste concurso piloto recae no gran consumo deste tipo de contidos entre a mocidade.
Fonte: Diario Vasco
Para o curso 2019/2020, a aprendizaxe do portugués como segunda lingua chegará a 63 escolas da comunidade estremeña, oito máis que o pasado curso lectivo. Isto débese en gran medida ao Plan Portugal, co que o Goberno luso busca promover a elección deste idioma como segunda lingua estranxeira nas escolas.
Fonte: Diário de Noticias
O Centro do Instituto Nacional de Antropoloxía e Historia (INAH) de México confirmou a tendencia á baixa no uso das linguas indíxenas en México e recomendou medidas para paliar esta situación.
Fonte: 20 minutos
O Goberno de Portugal segue destinando apoio a cidadáns portugueses e lusodescendentes en Venezuela. O orzamento destinado ao desenvolvemento da lingua portuguesa ascendeu no último ano a 200 mil euros.
Fonte: Expresso
Lanzada pola Consellería de Educación e Cultura de Asturias, a campaña #YOAPÚNTOME está dirixida a alumnos e alumnas dos centros educativos públicos da comunidade. Promove o ensino do asturiano como unha ferramenta para mellorar a competencia comunicativa e axudar na aprendizaxe doutras linguas.
Fonte: La Voz de Asturias
Este dicionario en liña busca fomentar a actividade terminolóxica en linguas románicas e parte dos termos que inclúe proceden do glosario da Norma UNE-EN ISO sobre sistemas de xestión da calidade. Esta edición recolle 57 novas acepcións coas súas correspondentes denominacións en catalán, castelán, francés, galego, italiano, portugués, romanés e inglés.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de entrega dos premios de Banda Deseñada AX1 e de Ensaio Subversivo Guillerme Domínguez, que tivo lugar na biblioteca do IES Arcebispo Xelmírez I.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Goberno do Xapón reafirma o seu obxectivo de acadar os 40 millóns de visitantes co reforzo da asistencia en linguas estranxeiras nun total de 300 circuítos turísticos de todo o país.
Fonte: Portalmie
Subscríbase ao boletín