O Concello de Huesca, obrigado por unha moción aprobada polo Pleno, retirará os carteis colocados hai un ano nas entradas da cidade que daban a benvida en aragonés e español.
Fonte: Heraldo
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O Concello de Huesca, obrigado por unha moción aprobada polo Pleno, retirará os carteis colocados hai un ano nas entradas da cidade que daban a benvida en aragonés e español.
Fonte: Heraldo
A raíz dos datos da enquisa do IGE sobre o uso do galego publicados recentemente, a Mesa pola Normalización Lingüística instou a Xunta a implicarse na mobilización social para reverter a "situación de crise" da lingua galega.
Fonte: Galicia Confidencial
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, visitou a mostra Os nove anos de Fraguas en Lugo, impulsada polo colectivo Egeria e por Galicia Dixital co apoio da Consellería de Cultura e Turismo no marco da programación conmemorativa das Letras Galegas 2019.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
De acordo con datos revelados pola oficina estatística europea Eurostat, case o 98 % do alumnado de ensino secundario cursou o inglés como primeira lingua estranxeira en 2017. As outras linguas máis estudadas foron o francés (33,4 %), o alemán (23,3 %) e o español (16,9 %).
Fonte: Anadolu Agency
A comunidade portuguesa de Queens, en Kingston, na provincia canadense de Ontario, iniciou unha nova campaña de recadación de fondos para manter o curso de lingua portuguesa que se imparte na Universidade de Queens.
Fonte: Diário de Notícias
O Consello de Goberno balear decidiu conceder unha axuda de 30 000 euros á institución académica coa finalidade de establecer un corpus oral da lingua catalá en función da tradición de cada territorio lingüístico.
Fonte: ABC
O Kastanya.cat, unha iniciativa de impulso do catalán e o occitano a través da música, iniciou a emisión da súa nova tempada na televisión de Lleida.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Instituto Galego de Estatística (IGE) fixo públicos os datos do Módulo de coñecemento e uso do galego da Enquisa estrutural a fogares de 2018, que mostran a consolidación da lingua galega como idioma maioritario de Galicia. O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, compareceu ante os medios para valorar os resultados.
A obra, Arquimesa, que foi presentada no Instituto de Estudos Altoaragoneses de Huesca, recolle poemas escritos por 14 autoras de referencia en aragonés dende o século XVII ata a actualidade.
Fonte: Diario de Alto Aragón
Nun encontro entre ambos os organismos, analizáronse temas como a revisión das medidas de normalización e visibilización do asturiano, as necesidades orzamentarias, o emprego da toponimia oficial ou a presenza desta lingua na televisión pública autonómica.
Fonte: El Comercio
Subscríbase ao boletín