Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    04 de outubro de 2019

    Na plataforma Charramos Aragonés conflúen cidadanía e diversas entidades interesadas na defensa desta lingua, co obxectivo de esixir medidas de protección do patrimonio lingüístico, como a reposición da sinalización en aragonés e castelán que daba a benvida ao centro da cidade de Huesca. 

    Fonte: Heraldo

    04 de outubro de 2019

    O manual, incluído na colección de Textos Universitarios, recolle un achegamento á lingua asturiana a nivel fonético, gramatical e léxico, así como os seus usos orais e escritos e diversa bibliografía e ferramentas dixitais de interese para a aprendizaxe desta lingua.

    Fonte: La Voz de Asturias

    04 de outubro de 2019

    O Concello de Vilamartín de Valdeorras convoca a segunda edición do premio de poesía en galego Florencio Delgado Gurriarán, un galardón dotado de 3000 euros e ao que as persoas interesadas poderán presentar as súas creacións ata o vindeiro 8 de novembro.  

    Fonte: Somos Comarca

    04 de outubro de 2019

    Unha enquisa realizada a 1500 persoas en Finlandia revelou que as minorías lingüísticas do país forman parte da sociedade finlandesa mais non senten a súa identidade como propia.

    Fonte: YLE

    04 de outubro de 2019

    O lingüista e antigo director executivo do Instituto Internacional da Lingua Portuguesa (IILP), Gilvan Müller de Oliveira, defendeu que o portugués e outras linguas deberían aproveitar as oportunidades que ofrece o fenómeno do multilingüismo para prosperar e crecer.

    Fonte: Sapo

    03 de outubro de 2019

    O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, participou en Vigo na presentación do Festival Kerouac que, ata o vindeiro 6 de outubro, celebrará a súa novena edición coa participación dunha ducia de artistas.

    Fonte: Xunta de Galicia

    03 de outubro de 2019

    Así o demostra o estudo realizado polo Clúster de Sociolingüística, que detectou un 32,6 % das conversas actuais na rúa en éuscaro fronte ao 36,5 % de 2016. Esta baixada dáse especialmente entre a mocidade, mentres que aumentou o número de falantes entre cativos de 2 a 14 anos.

    Fonte: Diario Vasco

    03 de outubro de 2019

    Este dicionario en liña recolle máis de 16 000 entradas tomadas da base de datos IATE que contén a terminoloxía institucional da Unión Europea, con termos referidos ao dereito, á economía, á saúde e ás institucións comunitarias.

    Fonte: La Vanguardia

    03 de outubro de 2019

    O vindeiro 19 de outubro a Real Academia Galega celebrará en Pontevedra a cuarta edición da Xornada de Onomástica Galega que este ano estará dedicada aos nomes das rúas. Nela presentarase unha proposta para as novas denominacións das rúas, baseada na premisa de recorrer primeiro ás formas tradicionais previas antes que ás conmemorativas.

    Fonte: Galicia Confidencial

    03 de outubro de 2019

    A Asociación Sindical Galega de Guionistas (AGAG) convoca o I Premio AGAG de Guión en Galego para Longametraxe que ten entre os seus obxectivos impulsar o uso do galego no sector audiovisual e apoiar os autores e autoras que escriben nesta lingua.

    Fonte: Fundación SGAE

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder