Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    09 de outubro de 2019

    O Concello de Outes organiza conferencias e obradoiros destinados a rapaces e rapazas de 8 a 12 anos para que melloren o manexo da lingua galega a través do coñecemento da flora e da fauna.

    Fonte: El Correo Gallego

    09 de outubro de 2019

    A conselleira de Política Lingüística de Formentera reuniuse cos organismos autonómicos competentes nesta materia para estudar posibles actuacións para poñer en marcha na illa para promover o uso da lingua catalá e incrementar a súa presenza en sectores como o comercio e a hostalería.

    Fonte: Nou Diari

    09 de outubro de 2019

    A Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela (USC) acolleu a XII Xornada “Os recursos educativos en galego”, organizada pola Comisión de Normalización Lingüística da dita facultade en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    09 de outubro de 2019

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou, na sede da Real Academia Galega (RAG), na presentación da primeira edición bilingüe galego-castelán da obra A vida de Lazarillo de Tormes e das súas fortunas e adversidades.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    08 de outubro de 2019

    A Casa das Culturas da Lingua Portuguesa do Porto acolleu a primeira reunión do Consello Ortográfico da Lingua Portuguesa co fin de definir áreas prioritarias de intervención e promoción do portugués en todos os países lusófonos.

    Fonte: País ao Minuto

    08 de outubro de 2019

    A falta de profesorado suficiente de xaponés leva a moitas familias de orixe estranxeira que viven no Xapón a escolarizar os seus fillos e fillas en clases de educación especial para que desenvolvan as súas destrezas lingüísticas.

    Fonte: The Mainichi

    08 de outubro de 2019

    O Diario Oficial da Generalitat de Cataluña publicou 510 novos termos relacionados cos campos da informática, dos sistemas de información, da meteoroloxía, da empresa etc., normalizados polo Consello Supervisor do Termcat.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    08 de outubro de 2019

    A Plataforma pola Lingua critica a existencia destes casos, que suman xa o mesmo número de queixas que as acumuladas ao final do ano 2018, así como a gravidade dos feitos que denuncian e a falta de investigación.

    Fonte: La Vanguardia

    08 de outubro de 2019

    A publicación O químico e a medida. Tomás Batuecas Marugán. Creador da química física en Galicia mostra as achegas deste físico de orixe estremeña que será a figura homenaxeada este ano o Día da Ciencia en Galicia polas súas contribucións no campo das masas atómicas.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    07 de outubro de 2019

    Segundo a información compartida polos centros de aprendizaxe públicos, as escolas oficiais de idiomas e os centros de iniciativa social, o número de alumnos adultos pasou dos 5931 durante o curso 2017/2018 aos 6358 de 2018/2019.

    Fonte: Noticias de Navarra 

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder