Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    14 de outubro de 2019

    Teo acollerá o sábado 9 de novembro unha nova edición do LGx15, un acto no que, a través de oito intervencións, se transmitirán de maneira visual e entretida ideas, argumentos e propostas para influír nas actitudes e na conciencia lingüística.

    Fonte: CTNL

    12 de outubro de 2019

    A Universidade Nacional Maior de San Marcos de Lima, no Perú, acollerá a defensa da primeira tese doutoral en lingua quechua a cargo da doutoranda Roxana Quispe Collante.

    Fonte: En línea

    12 de outubro de 2019

    Un estudo elaborado na Universidade Atlántica de Florida (EUA) revelou que a variedade e riqueza expresivas con que os pais e as nais educan os seus fillos e fillas inflúe claramente na súa adquisición lingüística e en como se expresen no futuro.

    Fonte: Science Daily

    11 de outubro de 2019

    O Pleno da RAE aprobou por unanimidade constituír esta Academia Nacional do Xudeoespañol en Israel, como culminación dun longo proceso de recoñecemento histórico, lingüístico e cultural.

    Fonte: RAE

    11 de outubro de 2019

    O Consello d'a Fabla Aragonesa denunciou nun comunicado a revogación do acordo polo que Huesca se incluía na zona de utilización predominante do aragonés e instan o Concello a acatar o Estatuto de Autonomía de Aragón no que se di que esta lingua será obxecto de especial respecto e protección.

    Fonte: Radio Huesca

    11 de outubro de 2019

    O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, inaugurou a conferencia “Xuventude, diásporas e mobilidade académica” organizada pola Academia de Lingua Portuguesa e a Comisión Técnica de Promoción e Difusión da Lingua Portuguesa.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    11 de outubro de 2019

    O pequeno comercio compostelán, no marco do programa “Coidar para mellorar, mellorar para coidar”, poderá optar a unha nova convocatoria de axudas, impulsada desde o Concello, para gastos como campañas publicitarias ou outras iniciativas de comunicación en galego.

    Fonte: Concello de Santiago de Compostela

    11 de outubro de 2019

    O poeta Juan Carlos Mestre presenta en Vilafranca do Bierzo a obra 200 gramos de patacas tristes, o seu primeiro libro escrito en galego, nun acto no que estarán presentes autores como Miguel Anxo Fernán Vello, Anxo Angueira, X. L. Méndez Ferrín ou Alba Cid.

    Fonte: León Noticias

    11 de outubro de 2019

    Un novo proxecto entre Portugal e Timor Leste, o Pró-Português, axudará a formar profesorado en lingua portuguesa de todos os niveis de ensino no país asiático.

    Fonte: O Jornal Económico

    11 de outubro de 2019

    O comisario da Lingua Galesa, Aled Roberts, declarou que os profesionais do servizo público de saúde deben poder comunicarse en galés cos pacientes que teñan esta lingua como idioma materno. 

    Fonte: The Guardian

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder