Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    17 de outubro de 2019

    O FalaRedes, programa de dinamización lingüística da Consellería de Cultura e Turismo en entidades adscritas á Rede de Dinamización Lingüística (RDL), leva as súas actividades aos concellos coruñeses de Ordes e Laxe e ao lucense de Triacastela durante a fin de semana.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    17 de outubro de 2019

    Esta entidade porá a disposición da comunidade educativa da Universidade de Valencia unha caixa para que inclúan suxestións e propostas de mellora sobre o valenciano, co obxectivo de asegurar o respecto aos dereitos lingüísticos de toda a comunidade universitaria.

    Fonte: València Extra

    17 de outubro de 2019

    O Concello de Narón, no marco do proxecto Apego, organiza varias actividades que teñen como obxectivo a socialización dos nenos e as nenas en lingua galega.

    Fonte: La Voz de Galicia

    17 de outubro de 2019

    Este proxecto do Goberno Vasco ten capacidade para traducir, a partir da intelixencia artificial, textos de ata 4000 caracteres con gran calidade e permite dispor dunha base terminolóxica e lingüística comparable á das linguas máis usadas do mundo. 

    Fonte: La Vanguardia

    16 de outubro de 2019

    O lingüista e tradutor Marco Neves, profesor na Universidade Nova de Lisboa, foi entrevistado polo xornalista portugués Fernando Alves no programa de difusión electrónica "A Rede Social" sobre o asunto das similitudes entre o galego e o portugués.

    Fonte: TSF

    16 de outubro de 2019

    A asociación de apoio ao gaélico escocés Bòrd na Gàidhlig lanzou unha campaña con motivo da Festa Nacional da Literatura e a Lingua Gaélicas en Escocia para promocionar o uso do gaélico entre os falantes e persoas que aprenden o idioma.

    Fonte: The Press and Journal

    16 de outubro de 2019

    Esta campaña, que se leva facendo desde hai seis anos, busca promover o uso do éuscaro na zona media e sur de Navarra e reforzar contornos como as ikastolas e os euskaltegis.

    Fonte: Noticias de Navarra

    16 de outubro de 2019

    Esta iniciativa ten como obxectivo promover o éuscaro a través da música e está articulada co resto de actividades culturais do concello, que buscan achegar estes proxectos a persoas de todas as idades.

    Fonte: En Barakaldo

    15 de outubro de 2019

    O catálogo presentado para este curso académico inclúe diversos proxectos para fomentar a integración lingüística, entre os que se atopan os talleres de rap en catalán, cursos de teatro, exposicións ou rutas culturais.

    Fonte: Mallorca Confidencial

    15 de outubro de 2019

    Esta proposta suporía que as persoas aspirantes á docencia deberían acreditar o nivel C1 de valenciano e ten como obxectivo actualizar a normativa, vixente dende hai 36 anos, e adaptar o seu contido á realidade multilingüe da comunidade.

    Fonte: El Periòdic

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder