Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    15 de outubro de 2019

    Un estudo realizado en Southampton, no Reino Unido, revelou que o alumnado de primaria que ten outra lingua materna diferente ao inglés tivo mellores resultados nos exames de comprensión lectora que o alumnado que só ten o inglés como primeiro idioma.

    Fonte: Daily Echo

    15 de outubro de 2019

    O Fórum para a Cooperación Económica e Comercial entre China e os Países de Lingua Portuguesa ou Fórum de Macau organiza a undécima edición da Semana Cultural que este ano está dedicada aos países de lingua portuguesa.

    Fonte: Expresso das Ilhas

    15 de outubro de 2019

    A Real Academia Galega acaba de crear unha nova páxina web na que se poden consultar publicacións editadas por esta institución dende o ano 1906. Trátate dun espazo que contén máis de 350 volumes, 200 dos cales están dispoñibles para descarga gratuíta.

    14 de outubro de 2019

    O grupo docente Galiza Visual pon en marcha a iniciativa 'Outubro de tinta', inspirada na idea de Inktober (que desafía a debuxantes a crear imaxes baseadas en palabras en inglés), para fomentar o galego e unha alternativa educativa.

    14 de outubro de 2019

    Por segundo ano consecutivo, o Concello de Ames pon en marcha o Premio Lingua e Empresa que ten como obxectivo recoñecer o uso e o fomento da lingua galega na actividade empresarial amesá.

    Fonte: Concello de Ames

    14 de outubro de 2019

    A cooficialidade do asturiano será obxecto de debate no Centro de Servizos Universitarios de Avilés, onde a Sociedade de Amigos do País organiza unha mesa redonda sobre este tema na que participarán persoas de diferentes ámbitos.

    Fonte: La Nueva España

    14 de outubro de 2019

    Hai máis dun ano que Fala Ceibe presentou unha queixa pola inexistencia dunha versión en galego da web do Consello Comarcal do Bierzo, que a día de hoxe segue sen existir, o que incumpre o fixado en materia lingüística no Estatuto de Autonomía de Castela e León.

    Fonte: León Noticias

    14 de outubro de 2019

    A Sociedade da Lingua Galesa (Cymdeithas yr Iaith Gymraeg) alertou que o desemprego e os prezos da vivenda están levando a moitos falantes novos das comunidades de lingua galesa de Gales a emigrar e isto está tendo un impacto irreparable na saúde da lingua.

    Fonte: Nation Cymru

     

    14 de outubro de 2019

    Unha nova actualización permitirá que o asistente virtual Alexa incorpore agora pares de linguas no seu sistema de asistencia vocal e ofrecer información nos fogares onde se falen dúas linguas. Polo momento, o asistente ofrece só tres pares lingüísticos: inglés-español, inglés-francés e inglés-hindi.

    Fonte: Voicebot

    14 de outubro de 2019

    A obra Termos esenciais de logopedia e audioloxía: galego-español-inglés contén un milleiro de conceptos destas disciplinas, clasificados por áreas temáticas e con equivalencias nestas tres linguas. Malia a significativa presenza na nosa sociedade dos dous ámbitos, ata o momento non existía ningún traballo que recollese a terminoloxía galega destes.

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder