O presidente do municipio de Bragança (Portugal) confirmou que as obras do Museo da Lingua Portuguesa comezarán a partir do mes de novembro despois de 10 anos de espera.
Fonte: Mundo Lusíada
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O presidente do municipio de Bragança (Portugal) confirmou que as obras do Museo da Lingua Portuguesa comezarán a partir do mes de novembro despois de 10 anos de espera.
Fonte: Mundo Lusíada
Segundo informan Euskal Wikilarien Kultur Elkartea e Elhuyar, o éuscaro atópase na base de datos colaborativa de Wikidata no sexto lugar pola cifra de lexemas publicados; no segundo, polo número de formas das palabras; e no primeiro, polo número de significados.
Fonte: Deia
A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (Unesco) aprobou na reunión do seu consello executivo en París que o 5 de maio sexa declarado o Día Mundial da Lingua Portuguesa. É a primeira vez que esta institución toma esta decisión sobre unha lingua que non está entre os seus idiomas oficiais.
Fonte: O Jornal Económico
O 24 de outubro chega ás librerías de Galicia Astérix: A filla de Vercinxetórix, o novo álbum do heroe galo, que publica en galego Edicións Xerais e que por vez primeira estará protagonizado por unha adolescente.
Fonte: Praza Pública
En total repartiranse en bares e restaurantes de Onda 36 000 manteis individuais biodegradables para fomentar o emprego do valenciano entre turistas e visitantes.
Fonte: La Vanguardia
Portugal aproveitará a Feira do Libro de Frankfurt para presentar un programa dirixido a editoriais alemás para que publiquen obras de autores e autoras de lingua portuguesa en Alemaña.
Fonte: RTP Notícias
Un estudo elaborado pola Universidade de Delaware (EUA) revelou que os nenos e nenas que len en español antes de chegar á escola infantil desenvolven máis facilmente as destrezas de lectura en inglés.
Fonte: Science Daily
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na apertura do Simposio Internacional Neos 2019 «De neofalante potencial a falante activa dunha lingua minorizada», que organiza o grupo de investigación da Universidade de Vigo GRADES (Gramática, discurso e sociedade) no marco do proxecto de investigación NEOS.
O FalaRedes, programa de dinamización lingüística da Consellería de Cultura e Turismo en entidades adscritas á Rede de Dinamización Lingüística (RDL), leva as súas actividades aos concellos coruñeses de Ordes e Laxe e ao lucense de Triacastela durante a fin de semana.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Esta entidade porá a disposición da comunidade educativa da Universidade de Valencia unha caixa para que inclúan suxestións e propostas de mellora sobre o valenciano, co obxectivo de asegurar o respecto aos dereitos lingüísticos de toda a comunidade universitaria.
Fonte: València Extra
Subscríbase ao boletín