Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    10 de outubro de 2019

    Os concellos de Vilamarín, Bueu, Cedeira e o Liceo de Ourense acollen durante esta fin de semana as propostas de dinamización lingüística da Xunta en entidades adscritas á Rede de Dinamización Lingüística (RDL), por medio da Consellería de Cultura e Turismo. 

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    10 de outubro de 2019

    O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, visitou a Feira Internacional do Libro LIBER, un encontro profesional de referencia en toda Europa que se celebra ata o venres en Madrid, e na que participan 14 editoriais galegas

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    10 de outubro de 2019

    O Auditorio Xosé Neira Vilas da Cidade da Cultura de Galicia acolleu a presentación dun novo volume póstumo, titulado Co pai, do autor que lle dá nome.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    10 de outubro de 2019

    A Facultade de Ciencias da Comunicación acolle o Congreso Internacional techLING 2019, centrado nas tecnoloxías lingüísticas dende o punto de vista da docencia, a comunicación e a gamificación.

    Fonte: Universidade da Coruña

    10 de outubro de 2019

    Este catálogo ten como obxectivo promover o éuscaro no ámbito socioeconómico para o que agrupa todos os certificados de calidade, subvencións etc. que están a disposición das empresas.

    Fonte: Araba Press

    10 de outubro de 2019

    Trátase neste caso de dúas normas técnicas relativas á adecuación dos procedementos e das actuacións dunha organización á normativa en vigor e establecen os requisitos para poder implantar e manter un sistema de xestión dos riscos legais nas empresas.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    09 de outubro de 2019

    Segundo datos recentes do censo dos EUA, as linguas do sueste asiático como o malabar ou o bengalí son as que medraron máis velozmente neste país entre os anos 2016 e 2018.

    Fonte: Quartz

    09 de outubro de 2019

    En Cornualles, Reino Unido, proliferaron nos últimos anos grupos de música que utilizan a lingua córnica como modo de expresión para salvala da extinción. Actualmente esta lingua é falada por unhas 300 persoas.

    Fonte: BBC

    09 de outubro de 2019

    O BNG presentou no Parlamento de Galicia unha proposición non de lei na que instaba o Goberno galego a elaborar un novo decreto que incrementase as horas que se imparten en lingua galega no sistema educativo, unha proposta que rexeitou o grupo maioritario na Cámara, o PPdeG.

    Fonte: El Correo Gallego

    09 de outubro de 2019

    O programa de formación de futuro profesorado de catalán en universidades do exterior cumpre dez anos, un período no que 350 titulados e tituladas de 14 universidades se beneficiaron desta iniciativa, procedentes da Comunidade Valenciana, Cataluña e as illas Baleares.

    Fonte: La Vanguardia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder