O ministro de Exteriores de Portugal, Augusto Santos Silva, declarou que na segunda metade do século o continente africano se converterá no territorio do mundo con maior número de falantes de portugués.
Fonte: Globo
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O ministro de Exteriores de Portugal, Augusto Santos Silva, declarou que na segunda metade do século o continente africano se converterá no territorio do mundo con maior número de falantes de portugués.
Fonte: Globo
A organización do pobo inuit do Canadá, Inuit Tapiriit Kanatami, creou unha escritura común para unificar as diferentes formas dialectais espalladas por todo o territorio canadense.
Fonte: CTV News
O Centro de Normalización Lingüística da Lingua de Signos Española encargouse da edición e a publicación desta revista monográfica electrónica anual centrada no estudo lingüístico, pedagóxico, antropolóxico e literario das linguas de signos.
Fonte: Tododisca
Valencia acolleu unha reunión da Plataforma Estatal pola Igualdade Lingüística, integrada por varias asociacións dos territorios do Estado con lingua propia, un encontro que tivo como obxectivo avanzar na elaboración dunha proposición de lei que recoñeza a realidade plurilingüe de España e evite a discriminación por razóns de lingua.
O Premio Xela Arias, que na súa segunda edición recaeu na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, ten como obxectivo recoñecer persoas ou entidades que destaquen pola promoción da tradución ou interpretación cara ou desde o galego.
Fonte: Cultura Galega
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na apertura das XIV Xornadas de Actualización Docente Portugués Lingua Estranxeira organizadas polo Camões, Instituto da Cooperação e da Língua I.P., a través da Coordinación do Ensino do Portugués para España e Andorra, coa colaboración do Centro Cultural Portugués en Vigo.
A representante da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (Unesco) en Centroamérica, Esther Kuisch Laroche, mostrou a súa preocupación polo alarmante ritmo de desaparición das linguas indíxenas en Panamá.
Fonte: El Diario
O xigante da tecnoloxía Amazon presentou a súa versión completa e actualizada en lingua portuguesa do Brasil do asistente virtual Alexa.
Fonte: Veja
Na plataforma Charramos Aragonés conflúen cidadanía e diversas entidades interesadas na defensa desta lingua, co obxectivo de esixir medidas de protección do patrimonio lingüístico, como a reposición da sinalización en aragonés e castelán que daba a benvida ao centro da cidade de Huesca.
Fonte: Heraldo
O manual, incluído na colección de Textos Universitarios, recolle un achegamento á lingua asturiana a nivel fonético, gramatical e léxico, así como os seus usos orais e escritos e diversa bibliografía e ferramentas dixitais de interese para a aprendizaxe desta lingua.
Fonte: La Voz de Asturias
Subscríbase ao boletín