O Goberno do País de Gales quere aprobar unha lei que cambie o nome actual da Asemblea de Gales. A nova proposta será bilingüe galés-inglés e será a tradución directa de "Parlamento de Gales".
Fonte: BBC
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O Goberno do País de Gales quere aprobar unha lei que cambie o nome actual da Asemblea de Gales. A nova proposta será bilingüe galés-inglés e será a tradución directa de "Parlamento de Gales".
Fonte: BBC
O Concello de Helsinqui anunciou que quere facer a cidade máis atractiva para as persoas que falen o inglés como primeiro idioma e aposta por unha mellora dos servizos que se ofrecen nesta lingua.
Fonte: YLE
Comprométense a elaborar este novo modelo a través da coordinación e o debate cos grupos políticos representados na Xunta Xeral Autonómica, así como coa sociedade civil e outras institucións, empresas, sindicatos e asociacións.
Fonte: Asturies.com
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no Mome no acto de presentación da obra A pluma insubmisa. Ensaios inéditos de Manuel García Barros.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O éuscaro xa non poderá ser valorado como mérito nas zonas mixta e non vascófona de Navarra. Estímase así o recurso posto por varios sindicatos contra o Decreto do éuscaro e anúlanse, entre outros, artigos sobre o bilingüismo en comunicación, anuncios, rotulación, publicidade e similares.
Fonte: Noticias de Guipuzkoa
A Liña do Galego, unha iniciativa impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística e financiada nun 80 % pola Deputación da Coruña a través dun convenio, recibe unha media dunha queixa por día de vulneración de dereitos lingüísticos de galegofalantes.
Fonte: Deputación da Coruña
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na décima gala de entrega dos premios do certame de cine OUFF Escola, celebrada no Auditorio Municipal da Cidade das Burgas.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Un informe publicado recentemente polo Goberno de Malta propón novas medidas para garantir que os escolares de todas as idades poidan dominar o maltés e as persoas que acaban de chegar ao país poidan aprendelo.
Fonte: The Pie News
Con motivo do Día Europeo das Linguas, a Generalitat de Cataluña, en colaboración co Consello Rexional de Arán e a Oficina Pública da Lingua Occitana, expuxo na capital europea as medidas que se levaron a cabo no territorio do Val de Arán para recuperar a lingua occitana.
Fonte: Jornalet
O Departamento de Cultura e TV3 estrean a nova tempada do programa Katalonski, no que persoas estranxeiras explican os cambios que supuxo a aprendizaxe da lingua catalá no seu día a día.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Subscríbase ao boletín