Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    22 de xaneiro de 2019

    A deputada timorense do partido KHUNTO, Olinda Guterres, defendeu a exclusión da lingua portuguesa dos debates do Parlamento de Timor Leste co fin de favorecer a participación e comprensión de todos os representantes.

    Fonte: Diário de Notícias

    22 de xaneiro de 2019

    A exposición da Biblioteca Británica de Londres Anglo-Saxon Kingdom: Art, World, War mostra, a través de diferentes obxectos e fragmentos de lingua escrita, as orixes e evolución da lingua inglesa e revela a importante relación que existía entre os diferentes pobos europeos ao longo da historia.

    Fonte: BBC

    22 de xaneiro de 2019

    O Goberno balear vai destinar 4,2 millóns de euros á prolongación da distribución do sinal da radiotelevisión pública IB3 e dalgunhas canles de radio e televisión de Cataluña. Trátase dunha iniciativa que ten como obxectivo impulsar o uso do catalán e garantir unha maior pluralidade informativa.

    Fonte: Noudiari

    22 de xaneiro de 2019

    Unha nova campaña de animación á lectura, impulsada pola Asociación Cultural Casino de Santiago coa colaboración das librerías compostelás Pedreira, Cronopios, Gallaecia e San Pablo, e da Consellería de Cultura e Turismo, promocionará as obras finalistas do Premio Novela Europea Casino de Santiago.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    22 de xaneiro de 2019

    A Guía dos elementos químicos. Historia, propiedades e aplicacións é unha obra divulgativa que se publica para celebrar este 2019 o Ano Internacional do Sistema Periódico, declarado pola ONU para conmemorar os 150 anos da presentación da táboa periódica do químico ruso Dimitri Mendeleev.

    22 de xaneiro de 2019

    O concurso Euskararen Ginkana chega á súa sexta edición, que constará de diferentes probas en éuscaro, presenciais e en liña, para realizar polos grupos participantes, que poderán estar integrados por entre catro e seis persoas. O premio será de 3000 euros para poñer en marcha un proxecto de fomento do éuscaro.

    Fonte: Donostitik

    21 de xaneiro de 2019

    O Goberno de Iraq pedirá á compañía aérea estatal Iraqi Airways que inclúa mensaxes e información en lingua kurda nos seus voos comerciais.

    Fonte: Rudaw

    21 de xaneiro de 2019

    A banca volve protagonizar unha polémica no País de Gales. A entidade bancaria HSBC pediulle a unha clienta da cidade galesa de Wrexham que non faga as súas queixas en galés e empregou a expresión "lingua estranxeira" para se referir a esta lingua oficial.

    Fonte: The Guardian

    21 de xaneiro de 2019

    O Termcat elaborou a versión catalá de dúas normas técnicas, unha relativa á xestión de recursos humanos e outra que se refire á xestión de riscos, que servirán para promover o uso do catalán no ámbito da empresa.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    21 de xaneiro de 2019

    Os premios, convocados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, están destinados aos centros de ensino públicos para que participen en proxectos educativos de innovación en dinamización lingüística durante o curso académico 2018-2019.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder