Un grupo de institucións europeas vinculadas ás linguas minoritarias, entre as que se encontra a Real Academia Galega, impulsará a creación dunha rede para fomentar o coñecemento e o respecto á diversidade lingüística do continente.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) convoca axudas dirixidas á creación de obras audiovisuais, en versión orixinal en lingua galega, para o ano 2019.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Fundación puntCAT destinará 160 000 euros para proxectos dixitais que teñan como obxectivo promover a cultura e a lingua catalás en internet e nas novas tecnoloxías da información.
Fonte: El Nacional
As estatísticas realizadas en varios países do mundo revelan que as familias cuxos integrantes falan unha lingua diferente á cultura de acollida teñen moitas dificultades para que as novas xeracións sexan competentes neste idioma.
Fonte: The Economist
Un profesor da Universidade de Copenhague revelou que unhas 12000 palabras da lingua dinamarquesa son de orixe inglesa, un 10 % do total.
Fonte: CPH Post
Gurot é un xogo en liña, estilo Trivial, destinado a mozas e mozos de entre 12 e 17 anos que ten como obxectivo promover a utilización do éuscaro entre a xente nova. Ofrece preguntas sobre cultura vasca clasificadas en diferentes temas: sociedade, natureza, idioma, arte, cultura, ciencia, deportes e lecer.
Fonte: Deia
O Instituto de Estudos Cataláns (IEC) publicou en liña unha versión reducida e adaptada da Gramática da lingua catalá co obxectivo de facilitar o coñecemento da normativa gramatical deste idioma. Está estruturada en 32 capítulos e inclúe un glosario de 568 termos. Proximamente incorporará audios que permitirán escoitar os exemplos dos contidos fonéticos e fonolóxicos.
O Instituto Nacional de Linguas de Luxemburgo cumpre dez anos e segue a promover o ensino e a aprendizaxe das linguas oficiais do Gran Ducado (luxemburgués, alemán e francés) e outras como o portugués ou o inglés.
Fonte: RTL
O Concello de Baiona organiza a primeira edición do certame "Os Bardos", unha iniciativa coa que busca premiar a mellor canción do ano en lingua galega con 600 euros e cunha actuación durante o verán na vila.
Fonte: Faro de Vigo
O centro histórico de Talín, capital de Estonia, albergará un novo centro de lingua e cultura estonianas que permitirá que as persoas que non falan este idioma poidan desenvolver as súas destrezas orais e escritas co fin de integrarse mellor na vida do país báltico.
Fonte: ERR
Boletín
Subscríbase ao boletín



