Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    26 de outubro de 2018

    O programa Euskaragiletu, posto en marcha por Kontseilua, ten como obxectivo axudar as empresas interesadas en avanzar nos seus procesos de euscaldunización. Por este motivo, organiza novas actividades para as próximas semanas, en concreto, visitas a dúas empresas con ampla experiencia na normalización do éuscaro.

    Fonte: SPRI

    26 de outubro de 2018

    O Obradoiro de linguaxe e redacción xurídica en galego está dirixido ao alumnado de Dereito, que poderá matricularse nel, de xeito gratuíto, ata o día 15 de novembro.

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    26 de outubro de 2018

    A coalición Geroa Bai súmase á manifestación convocada por Kontseilua, coa que se pretende reivindicar a oficialidade do éuscaro en Navarra e a equiparación dos dereitos lingüísticos de toda a cidadanía.

    Fonte: Diario de Navarra

    26 de outubro de 2018

    PuntoGal, o dominio da lingua e a cultura galegas en internet, en colaboración con Dinahosting, celebrará o Samaín cun concurso de microrrelatos no que, a partir dun texto inicial en galego de Rosa Aneiros, as persoas participantes deberán continuar a historia onde a deixou a escritora.

    Fonte: Asociación PuntoGal

    26 de outubro de 2018

    O presidente de Ucraína, Petro Poroshenko, aprobou un decreto que garantirá o desenvolvemento progresivo da lingua ucraína en todos os ámbitos da vida pública.

    Fonte: Language Magazine 

    26 de outubro de 2018

    O Goberno de Madeira introducirá o servizo de interpretación simultánea en lingua de signos portuguesa nos debates e sesións plenarias da Asemblea Lexislativa Rexional.

    Fonte: Dnoticias

    25 de outubro de 2018

    O Premio Otero Pedrayo recoñece, ex aequo, o labor a prol da cultura e a galeguidade da pedagoga Antía Cal e da escritora María Xosé Queizán. No xurado participaron o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; e o director xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    25 de outubro de 2018

    A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, leva esta fin de semana a actividade de dinamización lingüística Asubíos no marco do programa FalaRedes ata o concello ourensán de Verín.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    25 de outubro de 2018

    Segundo un estudo realizado polo Consello da Mocidade e a Academia da Lingua Asturiana, un 86,1% da xente nova apoiaría a oficialidade do asturiano, o que mostra unha mellora das actitudes cara a este idioma con respecto a investigacións anteriores.

    Fonte: El Comercio

    25 de outubro de 2018

    O programa de dinamización lingüística Vigo Arrólate, posto en marcha polo Concello de Vigo, comeza o domingo 28 de outubro cun espectáculo destinado a familias con fillas e fillos de 0 a 3 anos.

    Fonte: Concello de Vigo

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder