Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    22 de outubro de 2018

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística publicou no DOG a Resolución do 15 de outubro de 2018 pola que se fixan as datas de realización das probas convocadas mediante a Resolución do 7 de setembro de 2018 para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2 e 4 para os días 17 e 24 de novembro de 2018.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    22 de outubro de 2018

    A Chunta Aragonesista trasladoulle á Cámara Alta unha proposta para conseguir o recoñecemento profesional dos docentes que imparten a especialidade de aragonés na educación obrigatoria.

    Fonte: 20minutos

    19 de outubro de 2018

    A Organización Internacional da Francofonía publicou un relatorio que revela que o francés é agora a quinta lingua máis falada do mundo sobre todo grazas ao incremento do seu uso no continente africano.

    Fonte: Quartz

    19 de outubro de 2018

    A entidade responsable do servizo postal de Irlanda do Norte, Royal Mail, informou de que acaba de abrir unha investigación para dilucidar as causas de que unha carta escrita en gaélico irlandés fose devolta ao seu remitente.

    Fonte: Belfast Telegraph

    19 de outubro de 2018

    O concerto 'Una besada para la llengua' ten como obxectivo sensibilizar a cidadanía no emprego do catalán. Nel actuarán varios grupos, entre eles Brams, unha banda de rock que mostra nas súas letras o seu compromiso con esta lingua.

    Fonte: 20 minutos

    19 de outubro de 2018

    O catalán é un dos idiomas escollidos por esta multinacional para os novos auriculares que funcionan coa aplicación de Google Assistant, xunto co inglés, o xaponés, o árabe, o finés, o cingalés, o armenio, o francés, o coreano, o eslovaco, o bengalí, o alemán, o letón, o español, o grego, o suahili, o chinés, o sueco, o islandés, o portugués ou o italiano, entre outros.

    19 de outubro de 2018

    A Universidade de Santiago de Compostela presentou na Facultade de Dereito a obra Termos esenciais de dereito do traballo e da seguridade social, un glosario trilingüe (galego-español-inglés) no que se inclúen máis de 1000 voces destes ámbitos.

    Fonte: USC

    19 de outubro de 2018

    O Concello de Pamplona resolveu a convocatoria de subvencións para os proxectos de promoción do éuscaro de 2018. As axudas alcanzan os 83 000 euros e entregáronse a doce entidades e un total de 21 proxectos destinados á realización en Pamplona de actividades de fomento desta lingua.

    Fonte: Diario de Navarra

    19 de outubro de 2018

    O crecente uso da lingua inglesa en ámbitos como o turismo e os medios de comunicación é unha clara ameaza para a fortaleza do islandés dentro do seu propio territorio lingüístico.

    Fonte: The Guardian

    19 de outubro de 2018

    O Departamento de Lingüística e Linguas Modernas da Universidade Chinesa de Hong Kong ofrecerá un curso de lingua de signos de dous anos de duración que axudará a reducir a escaseza de intérpretes desta lingua en toda a rexión de Hong Kong.

    Fonte: South China Modern Post

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder