Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    19 de outubro de 2018

    O Concello de Pamplona resolveu a convocatoria de subvencións para os proxectos de promoción do éuscaro de 2018. As axudas alcanzan os 83 000 euros e entregáronse a doce entidades e un total de 21 proxectos destinados á realización en Pamplona de actividades de fomento desta lingua.

    Fonte: Diario de Navarra

    19 de outubro de 2018

    O crecente uso da lingua inglesa en ámbitos como o turismo e os medios de comunicación é unha clara ameaza para a fortaleza do islandés dentro do seu propio territorio lingüístico.

    Fonte: The Guardian

    19 de outubro de 2018

    O Departamento de Lingüística e Linguas Modernas da Universidade Chinesa de Hong Kong ofrecerá un curso de lingua de signos de dous anos de duración que axudará a reducir a escaseza de intérpretes desta lingua en toda a rexión de Hong Kong.

    Fonte: South China Modern Post

    18 de outubro de 2018

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o delegado territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ignacio López-Chaves, participaron no acto conmemorativo do aniversario do Centro Cultural Português do Instituto Camões en Vigo.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    18 de outubro de 2018

    O director xeral de Políticas Culturais da Consellería de Cultura e Turismo, Anxo Lorenzo, inaugurou en Denver o III Simposio norteamericano de Estudos Galegos, organizado pola Regis University, a Metropolitan State University of Denver e o Colorado College coa colaboración da Consellería, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Políticas Culturais. 

    18 de outubro de 2018

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, recibiu no Pazo de San Roque a Galina Yusupova, directora do Colexio Rosalía de Castro de Moscova.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    18 de outubro de 2018

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no Liceo de Ourense no acto de descuberta da placa "Espazo literario" e rutas literarias de Carlos Casares e A Esmorga.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    18 de outubro de 2018

    O concelleiro de Normalización Lingüística reuniuse coa plataforma Castelló per la Llengua para presentarlle os plans da súa concellería para 2019, ano no que buscarán afianzar tres proxectos para promover o uso do valenciano: a publicación Club Millaret, unha campaña de dinamización lingüística no ámbito do comercio e un convenio con Escola Valenciana. 

    Fonte: Levante

    18 de outubro de 2018

    O avogado e ex-conselleiro Carles Mundó recibirá de mans do Consello da Avogacía Catalá o Premio Agustí Juandó i Royo, un galardón que recoñece o labor de entidades ou persoas a prol do uso do catalán no ámbito xurídico.

    Fonte: La Vanguardia

    18 de outubro de 2018

    EH Bildu presentou no Parlamento vasco unha proposición de lei para garantir a gratuidade na aprendizaxe oficial de éuscaro ata un nivel de coñecemento equivalente ao B2 do marco común europeo de referencia para as linguas.

    Fonte: El Diario.es

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder