A Academia Angolana de Letras solicitoulle ao Goberno de Angola que non ratifique o Acordo Ortográfico da Lingua Portuguesa antes de que se faga unha revisión deste.
Fonte: África 21 Digital
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A Academia Angolana de Letras solicitoulle ao Goberno de Angola que non ratifique o Acordo Ortográfico da Lingua Portuguesa antes de que se faga unha revisión deste.
Fonte: África 21 Digital
A aplicación para a aprendizaxe de linguas Duolingo acaba de incluír o hawaiano á súa lista de idiomas. Con esta nova incorporación, son xa 37 as linguas que se poden aprender nesta plataforma.
Fonte: NBC News
Dez novos bolseiros en formación inician estes días a súa actividade investigadora no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH). O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, deulles a benvida, acompañado polo coordinador científico do centro, Manuel González, e polos directores dos proxectos de investigación que coordinarán o seu labor ata o ano 2020.
A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, programa esta fin de semana a nova actividade 'Asubíos', no marco do programa FalaRedes, no concello pontevedrés de Forcarei.
Fonte: Xunta de Galicia
Ttap chega a Navarra despois de dar os seus primeiros pasos en Biscaia e Guipúscoa e, se funciona ben, terá unha edición nesta comunidade no ano 2019.
Fonte: Noticias de Navarra
O Concello de Castelló impulsa un novo concurso de vídeos para promover a normalización do valenciano. Este certame vén precedido dunha exitosa edición do ano anterior na que participaron 26 traballos e o gañador obtivo un premio económico de 3500 euros.
Fonte: El Periódico Mediterráneo
As universidades do País de Gales rexistraron un preocupante descenso no número de matrículas en carreiras relacionadas co estudo de linguas estranxeiras. Este ano só 80 estudantes se inscribiron en licenciaturas lingüísticas, fronte aos 120 do ano anterior.
Fonte: BBC
A Generalitat aproba un decreto que recoñece a equivalencia do certificado de linguaxe xurídica en catalán que imparten as universidades de Cataluña e fomenta que os profesionais do sector utilicen esta lingua na Administración de Xustiza e coñezan o léxico especializado.
Fonte: Generalitat de Cataluña
Varios expertos da lingua galesa visitaron Euskadi para coñecer o labor en materia de euscaldunización de persoas adultas e de fomento do éuscaro na universidade. Para iso reuníronse con representantes de diferentes entidades relacionadas con estes dous ámbitos.
Fonte: Gobierno Vasco
O Concello de Belfast acaba de nomear un oficial de gaélico irlandés que se ocupará da promoción desta lingua tanto no ámbito municipal como entre a cidadanía. O ente local designou tamén unha persoa encargada da promoción do escocés do Úlster.
Fonte: BBC
Subscríbase ao boletín