Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    16 de outubro de 2018

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na apertura da xornada As tecnoloxías da lingua, unha oportunidade para a sociedade galega, que se celebrou na sede do Consello da Cultura Galega (CCG). A xornada, organizada pola Sección de Lingua, Literatura e Comunicación do CCG coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, abordou a importancia e a situación dunhas ferramentas que facilitan que a comunicación entre persoas estea por riba das barreiras idiomáticas.

    16 de outubro de 2018

    Os 54 membros da Organización Internacional da Francofonía aprobaron por unanimidade o ingreso na institución do estado de Luisiana (EUA) que conta con 250 000 falantes francófonos.

    Fonte: Language Magazine

    16 de outubro de 2018

    A Generalitat de Cataluña e o Goberno de Andorra subscriben un convenio para recoñecer os certificados oficiais acreditativos de coñecementos de catalán co obxectivo de permitir a mobilidade de persoas no ámbito laboral e dos estudos e o acceso á Administración pública.

    Fonte: La Vanguardia

    16 de outubro de 2018

    O Concello de Nules expuxo as bases para a redacción dun cómic en valenciano que será publicado pola Academia Valenciana da Lingua.  Esta institución iniciou unha nova campaña de animación á lectura en valenciano coa entrega de 1275 cómics que se repartiron entre o alumnado Infantil e de Primaria dos colexios da localidade.

    Fonte: El Periodic.com

    16 de outubro de 2018

    A Sala Capitol de Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 15 de novembro unha nova edición do LGx15, que contará con oito intervencións que transmitirán ideas, argumentos e propostas sobre diferentes temas relacionados co futuro da lingua galega: divulgación científica, deporte, concienciación lingüística, ferramentas para atraer falantes, mundo empresarial etc.

    15 de outubro de 2018

    Un grupo de expertos da Universidade de Manchester defendeu a mellora dos servizos de capacitación en inglés para conseguir unha integración máis eficaz das persoas de fóra no mercado de traballo da cidade inglesa.

    Fonte: The University of Manchester

    15 de outubro de 2018

    O ministro de Asuntos Exteriores de Portugal, Augusto Santos Silva, destacou o valor económico da lingua portuguesa e declarou que esta representa case o 17 % do produto interior bruto do país luso.

    Fonte: Sapo 24

    15 de outubro de 2018

    O Goberno de Navarra vai expoñer, ao longo do mes de novembro, as propostas dos plans sobre o uso do éuscaro nas Administracións públicas navarras. O obxectivo é que, ao longo dese período, se inclúan as modificacións e as melloras pertinentes. 

    Fonte: Noticias de Navarra

    15 de outubro de 2018

    A Xunta pola Defensa da Lingua Asturiana insiste na necesidade dunha reforma estatutaria, que permita recoñecer os dereitos lingüísticos e facilitar a supervivencia do asturiano no futuro.

    Fonte: La Nueva España

    15 de outubro de 2018

    Trece iniciativas galegas e portuguesas sumáronse á iniciativa Galilusofonía, presentada en Pontevedra no marco do Festival Cantos na Maré. Trátase dunha rede que busca a unión de esforzos para impulsar as relacións lingüístico-culturais entre Galicia e os países lusófonos a través da música e a arte.

    Fonte: Galicia Confidencial

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder