Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    10 de outubro de 2018

    Baixo o lema "Pasa tempo co galego", o Equipo de Normalización Lingüística do instituto Castro Alobre pon en marcha unha campaña de animación ao uso do galego na hostalería a través duns panos de mesa con sopas de letras e labirintos.

    Fonte: Faro de Vigo

    10 de outubro de 2018

    O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publicou a aprobación, por parte do Concello de Mondariz, da súa Ordenanza para o impulso social da lingua galega.

    Fonte: CTNL

    10 de outubro de 2018

    O departamento do éuscaro do Concello de Azkoitia outorgará unhas axudas, que poderán acadar ata os 600 euros, para que os establecementos comerciais poidan ter a súa web, programas informáticos, publicidade ou rotulación exterior nesta lingua. Estes comercios tamén terán a posibilidade de solicitar o servizo de tradución e corrección de textos.

    Fonte: Diario Vasco

    10 de outubro de 2018

    A Deputación da Coruña e a Real Academia Galega asinaron un acordo polo que o organismo provincial achegará 50 000 para iniciativas encamiñadas ao estudo e a promoción do galego, como os cursos de verán para estudantes estranxeiros, proxectos relacionados coa celebración das Letras Galegas ou publicacións.

    10 de outubro de 2018

    O Goberno de Navarra, a través do Instituto Navarro do Éuscaro, convoca axudas para a aprendizaxe desta lingua entre persoas adultas. Esta nova iniciativa forma parte dos obxectivos presentes no I Plan Estratéxico do Éuscaro.

    Fonte: Diario de Navarra

    09 de outubro de 2018

    Un estudo pioneiro en Luxemburgo centrado no estímulo da linguaxe oral mostra que o ensino e estudo da lingua materna pode axudar nenas e nenos de ascendencia portuguesa a aprenderen outras linguas oficiais como o luxemburgués.

    Fonte: Açoriano Oriental

    09 de outubro de 2018

    Con motivo dun evento na Escola Portuguesa en Dili, capital de Timor Leste, a secretaria de Estado de Asuntos Exteriores de Portugal, Teresa Ribeiro, defendeu a importancia do ensino e dominio da lingua portuguesa para mellorar as opcións da xente nova á hora de acceder a un mercado laboral global.

    Fonte: Observador

    09 de outubro de 2018

    O proxecto Archiletras contará cunha páxina web que servirá de espazo de debate sobre o uso da lingua española. Ademais, terá soporte en papel, cunha revista divulgativa trimestral e outra de carácter científico de periodicidade semestral.  

    Fonte: La Vanguardia

    09 de outubro de 2018

    A obra La lingua delle cantigas está escrita en italiano polo filólogo sueco Pär Larson e describe a lingua usada polos trobadores da Península Ibérica entre finais do século XII e mediados do XIV.

    Fonte: Galicia Confidencial

    09 de outubro de 2018

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou, no Centro Sociocultural e Deportivo de Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa), na presentación da reprodución facsimilar do plano da Ría de Arousa elaborado en 1828 polo matemático e xeógrafo Domingo Fontán, a quen se lle rende homenaxe con múltiples actos con motivo do Día da Ciencia en Galicia 2018, a el dedicado.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder