Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    08 de outubro de 2018

    O ministro neozelandés de Pobos do Pacífico animou a cidadanía a valorar a lingua e cultura fidxianas con motivo da sexta Semana da Lingua Fidxiana que se celebra no país oceánico.

    Fonte: The Fiji Times

    08 de outubro de 2018

    O Goberno do Xapón imporá un novo exame de xaponés para as persoas estranxeiras que queiran acceder ao seu mercado de traballo. O exame fará maior énfase en expresións prácticas do mundo laboral.

    Fonte: Nikkei Asian Review

    08 de outubro de 2018

    O Departamento de Cultura e Política Lingüística, xunto co Consello Asesor do Éuscaro, pon a disposición dos usuarios as licenzas GPL e Creative Commons coa finalidade de continuar o impulso desta lingua no mundo dixital.

    Fonte: Goberno Vasco

    08 de outubro de 2018

    A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG) e PuntoGal asinaron un convenio de colaboración para promover o uso e a incorporación do galego nas novas tecnoloxías e contribuír así á difusión da cultura e a lingua propias.

    Fonte: Código Cero

    08 de outubro de 2018

    A Obra Cultural Balear reuniu a Rede Territorial pola Lingua para preparar as mobilizacións a prol da recuperación do catalán no arquipélago. Así mesmo, a reunión serviu para coordinar as actividades que van realizar e preparar dúas campañas: unha no ámbito da lingua e outra no da cohesión social. 

    Fonte: UH Noticias

    08 de outubro de 2018

    Google acepta publicidade en 44 linguas, entre as que figura o español, o portugués ou o catalán, pero non o galego. Así o denunciou a organización do festival Cantos na Maré que non puido contratar unha campaña para difundir a celebración deste evento.

    Fonte: Praza Pública

    05 de outubro de 2018

    Diferentes colectivos de defensa do gaélico irlandés demandaronlle ao Goberno de Irlanda que aprobe un programa que garanta investimento suficiente para preservar a lingua e crear postos de traballo nas zonas onde se fala.

    Fonte: The Irish Times

    05 de outubro de 2018

    Un comité da Asemblea do País de Gales quere que a lingua de signos británica se converta no primeiro idioma dos escolares galeses xordos. Actualmente, a lingua de signos considérase só un idioma minoritario.

    Fonte: ITV

    05 de outubro de 2018

    A Asociación Lingua Nacional, coa colaboración da Dirección Xeral de Política Lingüística, convoca a  primeira edición dun premio para proxectos empresariais de calquera territorio de fala catalá que mostren o seu compromiso co catalán e axuden na extensión e o uso correcto desta lingua.

    Fonte: Generalitat de Cataluña

    05 de outubro de 2018

    A sétima edición dos premios Pompeu Fabra, correspondente ao ano 2018, recoñece o labor da Asociación de Escritores en Lingua Catalá, os profesores Mila Segarra e Jordi Mir, os establecementos König, a Asociación de Publicacións Periódicas en Catalán, o presentador de televisión Halldór Már e o voluntario lingüístico Ramon Rom Sagristà.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder