Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    02 de outubro de 2018

    O Concello e a Universidade de Vigo, a través dos seus respectivos servizos lingüísticos, colaboraron na publicación dun novo volume da colección Toponimia do Val do Fragoso, que nesta ocasión está dedicado á parroquia viguesa de Comesaña.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    02 de outubro de 2018

    A rede Mintzalaguna está formada por máis de 700 persoas, que, a través dos programas de Mintzapraktika, se reúnen unha hora á semana para practicar éuscaro. O obxectivo desta iniciativa é incrementar a porcentaxe de coñecemento desta lingua entre a poboación arabesa, que actualmente se sitúa nun 28,5 %.

    Fonte: Gasteiz Hoy

    02 de outubro de 2018

    A Deputación da Coruña anunciou a segunda edición da campaña 'O galego, a miña lingua propia' que chegará aos centros de secundaria de 43 concellos da provincia para animar a xente nova a usar o galego a través das experiencias de representantes de ámbitos atractivos para a mocidade como a música, o deporte, as novas tecnoloxías ou o grafite.

    Fonte: Deputación da Coruña

    02 de outubro de 2018

    O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, presentou no Pazo de San Roque os XXXVIII Cadernos Ramón Piñeiro. María Victoria Moreno. Palabra fértil no tempo, un volume dedicado a afondar na figura da homenaxeada este ano co Día das Letras Galegas, que vén de publicarse co gallo da programación conmemorativa impulsada desde a Xunta.

    01 de outubro de 2018

    Persoas con discapacidade auditiva presentaron na Asemblea Nacional de Venezuela unha proposta para solicitar que a lingua de signos sexa recoñecida como idioma en todo o país.

    Fonte: Primicia

    01 de outubro de 2018

    O proxecto de parellas lingüísticas "Voluntariat per la llengua" contou ao longo dos seus 14 anos coa participación de máis de 1500 persoas en Andorra. Esta iniciativa pon en contacto falantes de catalán con persoas que desexan aprendelo.

    Fonte: La Vanguardia

    01 de outubro de 2018

    O Concello de Huesca convoca a terceira edición do Premio “Pedro Lafuente”, na que haberá tres categorías: un premio de narración curta; o premio“Zagals”, para obras en aragonés realizadas por nenas e nenos de 3 a 12 anos; e o “Bota d’Oro”, para a mellor campaña de fomento do aragonés na cidade desenvolvida por persoal de establecementos comerciais e hostaleiros.  

    Fonte: Ara Info

    01 de outubro de 2018

    Un total de 75 entidades sen ánimo de lucro da provincia de Pontevedra conseguiu financiamento para actividades de dinamización lingüística relacionadas con catro eixes: fomento da creación en galego; sociolingüística e toponimia; promoción do galego no comercio e na industria; e recoñecementos e distincións.

    Fonte: Deputación de Pontevedra

    01 de outubro de 2018

    Segundo unha enquisa elaborada polo Clúster de Sociolingüística, o emprego do éuscaro nas rúas de Azkoitia aumentou un 7,6 % entre 2014 e 2018, de maneira que case o 70 % da poboación se expresa nesta lingua.

    Fonte: Noticias de Gipuzkoa

    01 de outubro de 2018

    Os secretarios xerais de Cultura, Anxo M. Lorenzo Suárez, de Política Lingüística, Valentín García Gómez, e da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañados pola directora xerente da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez Reboredo, recibiron os 18 alumnos e alumnas e os dous profesores do Instituto Santiago Apóstol de Buenos Aires que se encontran de viaxe de estudos en Galicia.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder