Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    04 de outubro de 2018

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou, no ourensán Campus das Lagoas da Universidade de Vigo, na apertura do IV Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil organizado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) co apoio da Consellería de Cultura e Turismo.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    03 de outubro de 2018

    Segundo informaron profesoras de ensino universitario de países como China e Vietnam, o dinamismo do mercado laboral asiático fixo posible que cada vez máis empregos demanden a lingua de Camões en todo o continente.

    Fonte: SAPO

    03 de outubro de 2018

    À Punt Mèdia incorpora desde o 1 de outubro a interpretación á lingua de signos á súa programación, en concreto, aos informativos da mañá. Será durante a segunda media hora do informativo, de 8.30 a 9.00 horas, polo tanto, 30 minutos diarios dirixidos ás persoas xordas ou con algunha discapacidade auditiva.

    Fonte: Europa Press

    03 de outubro de 2018

    A Oficina de Promoción do Valenciano de Manises organiza unha serie de actividades culturais para impulsar o uso do valenciano e contar a súa historia. Esta programación desenvolverase a partir do 4 de outubro baixo o título de "Octubre, Mes del valencià".

    Fonte: Ajuntament de Manises

    03 de outubro de 2018

    Unha sondaxe realizada pola Oficina Nacional de Estatística do Reino Unido revelou un incremento no número de falantes de galés desde o ano 2008. A noticia foi acollida con satisfacción polo Goberno do País de Gales e anímao a acadar o seu obxectivo do millón de falantes para o ano 2050.

    Fonte: BBC

    03 de outubro de 2018

    Segundo un informe do Ministerio de Cultura e Deporte, no ano 2017 produciuse un incremento do 6,4% no número de libros publicados en galego (1288 fronte aos 1211 de 2016). No referido aos títulos traducidos ao galego, a cifra, porén, descende, ao pasar dos 54 de 2016 aos 42 de 2017.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    02 de outubro de 2018

    Nunha conferencia celebrada en Guatemala, os ministros de Educación da Organización de Estados Iberoamericanos (OEI) decidiron crear un programa innovador para a promoción da lingua portuguesa. Entre as propostas figura a difusión de experiencias de bilingüismo e multiculturalismo entre os países de lingua portuguesa e española.

    Fonte: Correio da Manhã

    02 de outubro de 2018

    O Goberno do Brasil informou de que unhas 7000 persoas participarán este ano nos exames do Instituto Nacional de Estudos para conseguir o Certificado de Proficiencia en Lingua Portuguesa para Estranxeiros.

    Fonte: Governo do Brasil

    02 de outubro de 2018

    Esta declaración, aprobada polo Parlamento de Navarra, defende o valor do euskera batua como un utensilio imprescindible á hora de estender a lingua a moitos ámbitos da sociedade. Tamén se resalta o labor da Academia da Lingua Vasca que loita pola unidade do éuscaro.

    Fonte: Noticias de Navarra

    02 de outubro de 2018

    A Asociación Galega de Profesionais da Tradución e a Interpretación (AGPTI) convoca o Premio Xela Arias, co obxectivo de homenaxear a figura desta escritora e tradutora e reivindicar o galego como lingua de traballo no ámbito da tradución.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder