Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    01 de outubro de 2018

    O coro vigués Son de Acacias cantará a primeira misa en galego na igrexa da Natividade de Belén o vindeiro 7 de decembro, no marco dunha viaxe de intercambio cultural a Xerusalén que conta co apoio da Consellería de Cultura e Turismo.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    01 de outubro de 2018

    O concello coruñés de Fene acolleu a estrea de Asubíos, a nova peza teatral de dinamización lingüística do programa FalaRedes, “no marco dunha xira de funcións exclusiva para a Rede de Dinamización Lingüística (RDL) que percorrerá 20 localidades galegas ata decembro”. O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, na rolda de prensa da súa presentación, destacou que o FalaRedes “é o programa de dinamización lingüística máis consolidado nas axendas culturais dos concellos”.

    28 de setembro de 2018

    O Ministerio de Pobos do Pacífico do Goberno de Nova Zelandia organiza actividades variadas co fin de conmemorar a Semana da Lingua Tuvalesa que conta cuns 3500 falantes no país insular.

    Fonte: Community Scoop

    28 de setembro de 2018

    O Instituto Portugués do Oriente organiza na cidade chinesa de Macau un encontro internacional con docentes de portugués que tenta analizar o crecemento da lingua a nivel mundial.

    Fonte: Diário de Notícias

    28 de setembro de 2018

    Segundo unha enquisa, cada vez máis aplicacións de mensaxería instantánea inclúen o catalán na súa oferta lingüística, entre elas WhatsApp, Skype, Google Hangouts, Facebook Messenger, Snapchat, Telegram e Yahoo.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    28 de setembro de 2018

    Estes incentivos fiscais para o sector audiovisual, que se aplicarán en 2019, chegarán ao 30% para o caso das producións vascas ou estatais e ao 40% para as que se roden en éuscaro.  

    Fonte: Noticias de Gipuzkoa

    28 de setembro de 2018

    El Tecnològic é unha evolución do portal PCatalà e ofrece contidos sobre o mundo dixital en catalán, como noticias, trucos e titoriais.  

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    28 de setembro de 2018

    O BNG de Cambados ten previsto tratar no pleno de outubro unha proposta de ordenanza para o fomento do galego na Administración local que recollerá, entre outros aspectos, a posibilidade de crear un consello social da lingua.

    Fonte: Faro de Vigo

    28 de setembro de 2018

    O presidente da República de Portugal, Marcelo Rebelo da Sousa, defendeu perante a Asemblea Xeral das Nacións Unidas o seu apoio a converter o portugués en lingua oficial da organización.

    Fonte: RTP

    28 de setembro de 2018

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou, no Museo da Madeira e do Moble da Estrada (MOME), na presentación do conto infantil Chitón ata a fin da terra.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder