Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    25 de setembro de 2018

    A gala 'Unha lingua de premio' celébrase o 26 de setembro e ten por obxectivo “poñer en valor o papel que os premios de literatura, xornalismo e investigación tiveron historicamente no mantemento e normalización da lingua galega”.

    Fonte: Culturagalega.org

    25 de setembro de 2018

    O vindeiro 11 de outubro comezarán na Universidade de Vigo as clases de Tradución para a Industria do Videoxogo, o primeiro título propio de especialización neste eido que imparte unha universidade pública en España.

    Fonte: Universidade de Vigo

    25 de setembro de 2018

    Un total de 2100 alumnos e alumnas dos centros plurilingües de Galicia poderán acreditar o seu nivel de coñecemento lingüístico en lingua inglesa de acordo cos niveis B1 e B2 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL).

    Fonte: Xunta de Galicia

    24 de setembro de 2018

    A editorial Texto Editora anunciou a publicación dunha nova versión do Dicionario da Lingua Portuguesa que incluirá uns 3000 novos vocábulos e unha selección actualizada de verbos.

    Fonte: Observador

    24 de setembro de 2018

    Celébrase en todo o mundo o Día Internacional das Linguas de Signos, data declarada polas Nacións Unidas co fin de reivindicar a importancia destes idiomas e defender a diversidade lingüística e cultural dos distintos países.

    Fonte: EcoDiario 

    24 de setembro de 2018

    Un total de oito grupos actuará en Xixón o día 6 de outubro no Concerto pola Oficialidade, unha cita musical que cumpre trinta anos e que ten como obxectivo reivindicar a oficialidade da lingua asturiana.

    Fonte: Europa Press

    24 de setembro de 2018

    Sortzen e a Federación de Ikastolas de Navarra demandaron no Parlamento foral cambios na Lei do éuscaro, para superar a zonificación e conseguir a oficialidade desta lingua en todo o territorio.

    Fonte: Noticias de Navarra

    24 de setembro de 2018

    Este traballo constata que a inmigración chegada a Cataluña nos últimos anos fixo diminuír a porcentaxe de coñecemento inicial e de uso do catalán, ao tempo que se incrementaron os falantes de linguas diferentes ao castelán e ao catalán.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    24 de setembro de 2018

    A Feira do Moble da Estrada acolleu a entrega do XXIII Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela, convocado polo Concello da Estrada co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e da Deputación de Pontevedra.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    21 de setembro de 2018

    O ministro de Asuntos Exteriores de Portugal, Augusto Santos Silva, anunciou que o Goberno de Portugal quere duplicar o número de países que ensinan o portugués como lingua opcional na educación primaria e secundaria.

    Fonte: Correio da Manhã

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder