Unha petición asinada por 7000 persoas obrigará o Goberno quebequés a substituír os sinais das estradas escritos só en francés por outros que conteñan pictogramas.
Fonte: Language Magazine
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Unha petición asinada por 7000 persoas obrigará o Goberno quebequés a substituír os sinais das estradas escritos só en francés por outros que conteñan pictogramas.
Fonte: Language Magazine
O pasado 21 de setembro comezaron as emisións dos sete programas de televisión que integran o proxecto Kastanya.cat 2018. Con esta iniciativa búscase fomentar o uso do catalán e do occitano a través da música, no marco da festa da Castanyada.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Goberno do Canadá quere reverter o declive das linguas orixinarias da provincia canadense de Saskatchewan por medio da introdución de novas medidas e o traballo conxunto coas comunidades indíxenas.
Fonte: Language Magazine
Representantes do Goberno de Suráfrica anunciaron que o suahili será introducido de xeito opcional nas escolas públicas a partir de 2020.
Fonte: Telesur
Cantos na Maré, o Festival Internacional da Lusofonía, presentou en Pontevedra o programa da súa décimo cuarta edición, que modifica e amplía as súas datas de celebración, ademais de se abrir a máis estilos musicais na procura de novos públicos.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Este novo Plan de dinamización lingüística pretende que se consolide o proceso de normalización do catalán na illa de Menorca. Supón ademais unha adaptación do anterior plan á situación actual desta lingua e aos cambios que sufriu a sociedade menorquina.
Fonte: Menorca
A Xunta pola Defensa da Lingua Asturiana considera que unha reforma do Estatuto de Autonomía na que se inclúa a oficialidade servirá para recoñecer os dereitos lingüísticos e para garantir a supervivencia do asturiano.
Fonte: La Nueva España
Coa convocatoria deste premio, organizado pola Asociación Cultural Val de Láncara coa colaboración doutras entidades, búscase recoñecer o labor de persoas ou entidades a prol da lingua e da cultura galegas.
Fonte: Deputación de Lugo
Na maioría dos países africanos, o ensino das linguas maternas nos centros educativos é aínda moi simbólico a pesar de que a ONU advirta da necesidade de ensinar nelas para favorecer a aprendizaxe de nenos e nenas.
Fonte: Deutsche Welle
O regreso ás aulas en Luxemburgo produciuse cunha novidade na oferta da lingua portuguesa: tres novos centros de ensino secundario da cidade ofrecen o portugués como materia opcional.
Fonte: Contacto
Subscríbase ao boletín