Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    17 de setembro de 2018

    O Ministerio de Educación de Irlanda ofrecerá máis oportunidades de formación en linguas estranxeiras co fin de fomentar o ensino destas nos centros de educación secundaria.

    Fonte: Irishtimes

     

    17 de setembro de 2018

    Cada vez máis escolas de educación secundaria de Suíza están implantando o ensino bilingüe alemán-francés, sobre todo en zonas con boas porcentaxes de falantes das dúas linguas.

    Fonte: Swissinfo

    17 de setembro de 2018

    A Real Academia da Lingua Vasca-Euskaltzaindia será a máxima institución oficial do éuscaro no País Vasco francés, como en Euskadi e en Navarra, logo da sinatura dun convenio coa Mancomunidade Única de Iparralde, Elkargoa.

    Fonte: ABC

    17 de setembro de 2018

    O Executivo foral traballa para que nas convocatorias de postos de traballo para a Administración na zona non vascófona o éuscaro conte como mérito, igual que acontece co inglés, o francés e o alemán.

    Fonte: Navarra.com

    17 de setembro de 2018

    O Centro Recreativo Cultural de Xordos (CERECUSOR) elaborou a primeira terminoloxía do audiovisual en lingua de signos catalá acompañada dun Glosario audiovisual básico en formato vídeo que inclúe 300 termos.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    17 de setembro de 2018

    O Concello de Vigo organiza unha nova edición do curso “Achégate ao galego, nivel básico”, dirixido a persoas, de dentro e fóra de Galicia, sen apenas coñecementos do idioma.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    17 de setembro de 2018

    O Centro de Terminoloxía TERMCAT elaborou a versión en catalán de dúas normas técnicas, un traballo que se enmarca no acordo establecido coa Asociación Española de Normalización (UNE) e o convenio asinado entre a Deputación de Barcelona e a Generalitat de Catalunya para fomentar o uso do catalán no ámbito empresarial.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    17 de setembro de 2018

    Da man do xornalista Carlos Pereiro nace a Revista Morcego, un proxecto xornalístico en galego, accesible en liña, dedicado aos videoxogos, que ofrece análises, reportaxes, artigos de opinión e novas de actualidade relacionadas con este tema.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    17 de setembro de 2018

    A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) insta á creación dunha rede profesional e estable de servizos de normalización lingüística na Administración local, que conta con competencias nesta materia, mais exercidas de forma dispar nos diferentes concellos de Galicia.

    Fonte: CTNL

    17 de setembro de 2018

    A Xunta de Galicia, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, publica no Diario Oficial de Galicia a resolución do 7 de setembro de 2018, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2 e 4, no ano 2018 (ED114A).

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder