Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    11 de setembro de 2018

    Co gallo do comezo do curso escolar, a Deputación da Coruña fai un chamamento á participación no III Certame de música infantil e xuvenil Quero Cantar, un concurso de cancións en galego para grupos ou solistas cuxo prazo de presentación das propostas musicais finaliza o 19 de outubro.

    Fonte: Deputación da Coruña

    11 de setembro de 2018

    O Concello de Ames organiza unha nova edición dos Obradoiros de Lingua e Cultura “En galego, co teu acento!”, destinados a persoas procedentes de fóra de Galicia que vivan neste municipio.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    11 de setembro de 2018

    Un estudo da Universidade de Nova York revelou os diferentes mecanismos que operan cando mudamos instintivamente dunha lingua a outra. A investigación ofrece tamén novos datos sobre a natureza do bilingüismo.

    Fonte: NYU

    11 de setembro de 2018

    Elx Cultura, en colaboración coa Deputación Provincial de Alacant, está a promover eventos en lingua valenciana. O obxectivo desta iniciativa é o de acercar a cultura a todos os públicos e, ao mesmo tempo, fomentar o emprego do valenciano entre a poboación. Os eventos intentan abarcar todas as disciplinas, como a literatura, o teatro ou a música.

    Fonte: Diario Información

    10 de setembro de 2018

    O Goberno de Nova Zelandia quere que o ensino do maorí, unha das linguas oficiais do país, sexa introducido en todas as escolas de educación primaria antes de 2025.

    Fonte: SBS News

    10 de setembro de 2018

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega, participaron na inauguración do XII Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG), que reúne galicianistas de todo o mundo arredor do tema “Novos horizontes para unha Galicia global: redes, territorio, memoria”.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    10 de setembro de 2018

    Segundo información aparecida no seu sitio web, as Nacións Unidas declararán o ano 2019 como Ano Internacional das Linguas Indíxenas co fin de protexer a inmensa diversidade lingüística que existe no planeta e salvagardar os dereitos das persoas que falan estes idiomas.

    Fonte: Language Magazine

    10 de setembro de 2018

    A Plataforma pola Lingua abriu o pasado 3 de setembro a inscrición para unha nova edición do Concurso Tisner de creación de xogos en catalán. O obxectivo desta iniciativa é amosarlles ao alumnado e ao profesorado a faceta lúdica e creativa desta lingua. As iniciativas deben conter unha proposta inédita que desenvolva o aspecto creativo do catalán. O prazo de inscrición rematará o 16 de novembro.

    07 de setembro de 2018

    Ricardo Ferreiro Almeda fíxose coa III edición do Concurso Balbino de Relatos pola obra Máis alá do río do esquecemento. O galardón, que convoca Técnicas & Gramaxe coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística inclúe 1500 euros de premio e a publicación da peza por Edicións Fervenza.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    07 de setembro de 2018

    A Biblioteca e Arquivo de Galicia acolleu a reunión do Consello Asesor do Libro, un organismo dedicado ao estudo e ao asesoramento sobre as políticas relacionadas coa Lei 17/2006, do 27 de decembro, do libro e da lectura de Galicia.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder