A capital de Galicia acollerá este domingo unha nova actividade do FalaRedes, o programa de dinamización que a Consellería de Cultura e Turismo impulsa a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A capital de Galicia acollerá este domingo unha nova actividade do FalaRedes, o programa de dinamización que a Consellería de Cultura e Turismo impulsa a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Representantes das institucións vascas subscribiron unha declaración, co gallo da celebración o vindeiro 3 de decembro do Día Internacional do Éuscaro, que leva por título ‘O éuscaro necesítanos en actitude activa e predisposta. Porque todos os días son euskaraldia’ coa que fan un chamamento á cidadanía para que se implique no impulso desta lingua.
A Real Academia Galega e a Deputación de Lugo asinaron a renovación do seu convenio de colaboración polo que a institución provincial apoiará, cunha achega anual de 9000 euros, distintas accións para fomentar a lingua e a cultura galegas.
A Mancomunidade de Municipios Euscaldúns, coa axuda de 68 000 euros do Goberno vasco, impulsará catro proxectos de fomento do éuscaro promovidos polo programa anual desta mancomunidade.
Fonte: 20 minutos
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na inauguración da "XI Xornada de recursos educativos en galego: A educación musical" na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Pessoa Festival, o festival da literatura lusófona nos Estados Unidos, vai contar coa presenza de máis escritores e escritoras de lingua portuguesa dada a importancia que esta lingua está adquirindo no país norteamericano.
Fonte: Público
Un total de 200 000 persoas fala portugués na República do Uruguai grazas á importante presenza que a lingua de Camões ten no sistema educativo do país.
Fonte: Jornal de Angola
Damián Barreiro Maceiras foi o gañador da XXIV edición do Premio Máximo Fuertes Acevedo de ensaio en lingua asturiana, que concede o Goberno do Principado, coa obra Asturploitation. O xurado elixiuna pola relevancia social do tema tratado e pola súa proposta para impulsar o sector audiovisual en asturiano.
Fonte: La Nueva España
A plataforma “Valencià en xarxa” preséntase como un proxecto innovador e colaborativo a prol do futuro do valenciano a través da súa promoción en todos os ámbitos de uso social e a conexión, principalmente, coa xente nova.
Fonte: València Extra
O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, participou con alumnado do IES Sofía Casanova de Ferrol no acto institucional de celebración do Mes da Ciencia en Galego.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Subscríbase ao boletín