Despois de que as circunstancias históricas levasen á substitución do francés polo inglés en Ruanda, o país africano está paulatinamente incrementando o uso da primeira lingua, sobre todo no ámbito educativo.
Fonte: Language Magazine
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Despois de que as circunstancias históricas levasen á substitución do francés polo inglés en Ruanda, o país africano está paulatinamente incrementando o uso da primeira lingua, sobre todo no ámbito educativo.
Fonte: Language Magazine
O novo programa de inclusión social e emprego de Portugal ofrecerá formación en lingua portuguesa a inmigrantes e descendentes co fin de promover o seu desenvolvemento profesional e social.
Fonte: Comunidade Cultura e Arte
Con motivo da Semana da Lingua Maorí, a escola de ensino secundario Hobsonville Point de Nova Zelandia presentou unha aplicación móbil para aprender maorí e espera poder difundila a outros centros educativos.
Fonte: Stuff
O Ministerio de Educación e Cultura de Indonesia informou de que no país se falan un total de 653 linguas nativas. Esta cifra sofre variacións todos os anos e espérase que sexa maior con cada novo reconto.
Fonte: Language Magazine
O secretario xeral de Política Lingüística participou na rolda de prensa de presentación da nova revista promocional da 32ª edición da Feira do Moble de Galicia, que se celebrará na Estrada do 19 ao 23 de setembro, e incidiu na súa intervención na importancia de visibilizar e dinamizar o uso do galego no tecido socieconómico. A publicación, que conta co apoio da Xunta de Galicia, dá conta do programa da feira e dos 65 expositores participantes por medio dunha tirada de 4500 exemplares.
A Consellería de Cultura e Educación engade tres novos autores galegos ao Portico of Galician Literature, o portal web en inglés, accesible en www.galicianliterature.gal, que ten como obxectivo principal dar a coñecer no exterior os escritores e as escritoras da literatura galega, a través de fragmentos traducidos das súas obras máis representativas, que se complementan con información biográfica.
Máis de 300 especialistas de todo o mundo participan no XXIX Congreso Internacional de ASELE, a Asociación para o Ensino do Español como Lingua Estranxeira, que se celebra na Universidade de Santiago de Compostela entre os días 5 e 8 de setembro.
Fonte: Galicia Confidencial
O 16 de setembro Oñati acollerá un concerto de apoio ao proxecto "Osíxeno ao éuscaro, tamén a 6000 metros", no que participan mozos e mozas de Euskadi, Navarra e Iparralde. O obxectivo da iniciativa é compaxinar o uso da lingua vasca e o montañismo, así como promover as linguas minorizadas.
Fonte: Noticias de Navarra
A cidade de Lisboa acollerá a exposición itinerante A Língua Portuguesa em Nós do Museo da Lingua Portuguesa de São Paulo.
Fonte: Observador
O acordo asinado entre o Instituto Camões e a Luso-American Education Foundation para fomentar o ensino do portugués en California está a dar os seus froitos: cada vez máis alumnas e alumnos escollen o portugués como segunda lingua de estudo neste estado.
Fonte: Diário de Notícias
Subscríbase ao boletín