O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, inaugurou na sede do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH) o curso de formación “Autoras, editoras, ilustradoras, tradutoras e investigadoras na LIX galega”, organizado polo CRPIH, o Instituto de Ciencias da Educación (ICE) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG).
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación de tres libros do escritor guardés afincado en Nova York Francisco Álvarez ‘Koki’. No acto, celebrado no Centro Cultural da Guarda, déronse a coñecer Vasoiras Barreiro, A memoria das palabras e a reedición de Un neno na emigración, todos eles publicados pola editorial Fervenza.
O secretario xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Turismo, Valentín García, participou na entrega do VII Premio de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro, organizado polo Concello de Mondoñedo en colaboración coa Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, supervisou no IES compostelán Antón Fraguas o inicio das probas de acreditación do Celga 4, no marco da convocatoria extraordinaria convocada polo seu departamento para este ano.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Concello de Pasaia impulsa unha campaña de lectura en éuscaro ('Orriz orri Euskara erabili, orriz orri Euskara igorri') grazas á que farán descontos para adquirir libros escritos en éuscaro. Ademais organizaranse uns actos especiais dirixidos a persoas de diferentes idades.
Fonte: El Diario Vasco
A provincia canadense de Alberta aprobou un exhaustivo programa para a promoción das súas linguas indíxenas. Entre as medidas saliéntase a capacitación de profesorado para o ensino dos diferentes idiomas indíxenas en escolas de toda a provincia.
Fonte: CBC
Unha lei aprobada polo presidente de Filipinas, Rodrigo Duterte, garante a atención en lingua de signos en todos os ámbitos da vida pública do país, desde a administración e a xustiza á educación.
Fonte: RAPPLER
Segundo un comunicado emitido pola Academia Valenciana da Lingua, o valenciano é aínda unha materia pendente en moitos ámbitos, como o xudicial. Así mesmo, recoñeceu a importancia das reivindicacións recollidas na Declaración Valencianista para a promoción desta lingua.
Fonte: El Periódico Mediterráneo
O Concello de Santiago de Compostela e a Cámara de Comercio convocan unha nova edición dos Premios Manuel Beiras, que teñen como obxectivo recoñecer o compromiso coa normalización lingüística no sector empresarial compostelán.
O tempo meteorolóxico é un libro de pequeno formato, ilustrado por Miguel Robledo, dirixido ao alumnado de Educación Infantil e que ten como obxectivo que identifique os fenómenos meteorolóxicos e o seu nome en galego.
Fonte: Galicia Confidencial
Boletín
Subscríbase ao boletín




