Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    27 de agosto de 2018

    Irimia Fernández é a persoa que está detrás do proxecto Brazolinda, co que pretende encher un oco que estaba baleiro no mercado: o dos xogos de mesa en galego. Ela mesma deseña e fabrica os xogos, que logo vende en feiras, tendas e escolas, cunha moi boa acollida entre o público.  

    Fonte: Galicia Confidencial

    27 de agosto de 2018

    Ao longo de todo o verán o Concello de Vigo está a impulsar a literatura en galego e a lectura nesta lingua grazas ao programa "Libros ao sol", unha iniciativa de préstamo de libros na praia que funcionará ata o 31 de agosto e que ata o momento contou coa participación de máis de medio millar de persoas.

    Fonte: Concello de Vigo

    27 de agosto de 2018

    Segundo a orde do Diario oficial da Comunidade, a Consellería de Educación prevé establecer como requisito lingüístico ter o nivel C1 de valenciano para o corpo de profesores e catedráticos das escolas oficiais de idiomas, as de Artes Plásticas e Deseño, de Música e Artes Escénicas.

    Fonte: El Periódico Mediterráneo

    24 de agosto de 2018

    Sobe por primeira vez en cinco anos o número de inscricións en linguas modernas para obter o Certificado Xeral de Educación Secundaria do Reino Unido, título outorgado ao alumnado de entre 15 e 16 anos.

    Fonte: TES

    24 de agosto de 2018

    Un acordo bilateral entre Portugal e Chile permitirá que o país suramericano sexa a partir de agora estado observador asociado da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP).

    Fonte: Diário de Notícias

    24 de agosto de 2018

    O Concello de Orkoien ofrecerá actividades culturais e deportivas en éuscaro, tanto para persoas adultas, para as que haberá zumba, TRX ou ciclo indoor; como para os cativos, con pelota, natación... Así mesmo, ofertaranse actividades con grupos bilingües.

    Fonte: Pamplona Actual

    24 de agosto de 2018

    A redución dos orzamentos anunciada polo Ministerio de Finanzas de Finlandia podería pór en risco a principal organización que vela polos asuntos da lingua saami en toda Laponia.

    Fonte: YLE

    23 de agosto de 2018

    O pasado 20 de agosto celebrouse a sétima edición dun encontro sobre o futuro do catalán na cidade italiana de L’Alguer, organizado pola Obra Cultural de L’Alguer.

    Fonte: Alguer

    23 de agosto de 2018

    O Goberno de Navarra, a través de Euskarabidea, contratará para os vindeiros catro anos, por un importe de 860 000 euros, servizos de tradución do éuscaro ao castelán e viceversa.

    Fonte: Navarra.com

    23 de agosto de 2018

    O DOG publicou a resolución da Secretaría Xeral de Política Lingüística pola que se conceden subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder