Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    21 de agosto de 2018

    Un total de tres obradoiros de lingua de signos de carácter gratuíto van impartirse en Ferrol e Narón, organizados pola Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra (AXF) coa colaboración dos concellos de ambas as localidades.

    Fonte: La Voz de Galicia

    21 de agosto de 2018

    O Goberno de Navarra destina unha serie de axudas para fomentar o uso do éuscaro na prensa escrita, as radios e os medios de comunicación en liña. Segundo o Instituto Navarro do Éuscaro, un total de 24 beneficiarios cumpren os requisitos para recibilas.

    Fonte: La Vanguardia

    20 de agosto de 2018

    Do 18 ao 20 de agosto Mauricio acolleu a décimo primeira edición da Conferencia Internacional sobre a Lingua Hindi, á que acudiron máis de 2000 delegados dunha trintena de países.

    Fonte: Zinfos Moris

    20 de agosto de 2018

    Handia é a película en éuscaro máis vista da historia. Conseguiu dez dos trece premios Goya aos que estaba nomeada e agora competirá por chegar aos Óscar na categoría de Mellor película de fala non inglesa.

    Fonte: Play Ground

    20 de agosto de 2018

    A Academia da Lingua Guaraní envioulle unha carta ao presidente de Paraguai para expresarlle a súa preocupación pola ausencia deste idioma nos actos e logos do Goberno.

    Fonte: La Nación

    20 de agosto de 2018

    O Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña organiza a Festa do Apego, que se desenvolverá o vindeiro sábado 1 de setembro e que está dirixida a nenas e nenos ata os seis anos. Esta iniciativa, enmarcada no proxecto Apego, ten como obxectivo impulsar a socialización en galego e a transmisión interxeracional desta lingua.

    Fonte: Apego

    17 de agosto de 2018

    Gavà celebra, no Castelo de Eramprunya, a festividade de San Miguel que este ano está dedicada á lingua catalá no marco do 150 aniversario do nacemento de Pompeu Fabra.

    Fonte: El Periódico

    17 de agosto de 2018

    O Instituto Caro y Cuervo dixitalizou o Atlas Lingüístico-Etnográfico de Colombia. A través dunha plataforma na web calquera poderá acceder ás variacións lingüísticas do español falado neste país.

    Fonte: Las 2 Orillas

    17 de agosto de 2018

    O Boletín Oficial da Provincia de Ourense publica a convocatoria, ao abeiro das axudas da Xunta de Galicia, dunha praza temporal de técnico/a de normalización lingüística para o agrupamento dos concellos de Castrelo de Miño e Baños de Molgas.

    Fonte: CTNL

    17 de agosto de 2018

    O obxectivo deste certame é fomentar a lingua catalá e difundir a literatura en diferentes ámbitos. Os premios contan coas categorías de narrativa, narrativa infantil e poesía, pero están abertos a toda creación literaria en catalán.

    Fonte: Diario de Ibiza

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder