No marco do Día Internacional dos Pobos Indíxenas, a Cidade de México acollerá unha feira dedicada ás linguas indíxenas do país entre os días 9 e 12 de agosto co obxectivo de visibilizar a creatividade cultural das persoas que as falan.
Fonte: INALI
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
No marco do Día Internacional dos Pobos Indíxenas, a Cidade de México acollerá unha feira dedicada ás linguas indíxenas do país entre os días 9 e 12 de agosto co obxectivo de visibilizar a creatividade cultural das persoas que as falan.
Fonte: INALI
Mozos e mozas invidentes procedentes de Italia, Portugal e outros puntos de España acoden en Pontevedra a un curso de verán para perfeccionar o seu inglés organizado polo Centro de Recursos Educativos da ONCE.
Fonte: Faro de Vigo
Segundo a Unesco, das 133 linguas que se falan en Rusia, 131 están ameazadas, unha situación que pode empeorar pola aprobación dunha lei segundo a cal a docencia nas linguas minoritarias non será obrigatoria nos centros educativos, senón voluntaria.
Fonte: Nationalia
O último número da revista Fontes Linguae Vasconum Studia et Documenta recolle sete artigos entre os que destacan os dedicados ás variante subdialectais de Erro e Esteribar ou a acentuación antiga de Oiartzun.
Fonte: Noticias de Navarra
A Mesa pola Normalización Lingüística e a Fundación Vía Galego colaborarán coas organizacións que traballan a prol do galego nos lugares de Estremadura onde se fala esta lingua na celebración os vindeiros días 15, 18, 24, 25 e 26 de agosto dunha festa en San Martiño de Trebello.
Nesta festa leuse un manifesto para reivindicar a necesidade de utilizar máis a lingua catalá, impulsar os valores lingüísticos dialectais e facer un uso correcto da toponimia.
Fonte: Diario de Ibiza
A Consellería de Cultura, Participación e Deportes está a tramitar o decreto para poñer en marcha a Oficina de Dereitos Lingüísticos, un proxecto co que pretende atender os casos de discriminación nesta materia así como contribuír a normalizar o uso do catalán como lingua oficial.
Fonte: La Vanguardia
Macau acolleu un curso intensivo de lingua portuguesa que reuniu máis de 450 mozas e mozos de todo o mundo na súa universidade, un curso no que se combinaron as clases de portugués polas mañás e as actividades lúdicas extracurriculares polas tardes.
Fonte: Revista Port.com
No pavillón de linguas minoritarias aberto na cidade holandesa de Leeuwarden, Asturias e a lingua asturiana son protagonistas dentro do programa de capitalidade europea da cultura. O Departamento de Planificación Lingüística mostra artigos sobre a presenza do asturiano en diferentes ámbitos da sociedade e a Academia da Lingua Asturiana amosa unha selección de literatura neste idioma.
Fonte: La Nueva España
Caldas de Reis acollerá o vindeiro 18 de agosto o Orixe Festival, un evento que combina música, literatura e solidariedade, o que o converte nun festival inclusivo que, ademais, involucra o tecido local, aposta pola lingua galega e organiza actividades paralelas dirixidas a todo tipo de públicos.
Fonte: Pontevedra Viva
Subscríbase ao boletín