O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA), na inauguración das XI Jornadas de Actualização Docente de PLE (português língua estrangeira).
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA), na inauguración das XI Jornadas de Actualização Docente de PLE (português língua estrangeira).
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Goberno de Letonia quere potenciar o uso da lingua letoa na vida pública por medio da redución das horas de inmersión en ruso nas escolas do país.
Fonte: NPR
O presidente da ONG de apoio á cultura e lingua inuits do Canadá, Inuit Tapiriit Kanatami, declarou que o seu colectivo non apoiará a nova lei sobre as minorías indíxenas do Goberno canadense se non protexe e promove de xeito activo as linguas vernáculas.
Fonte: iPolitics
O pintor, gravador, deseñador e xestor cultural Antón Pulido (Amoeiro, 1944) recibiu o III Premio Ágora de Orcellón, concedido polo Instituto de Estudos Carballiñenses en recoñecemento á excelente traxectoria que levou a obra do ourensán a unha manchea de museos e galerías de dentro e fóra de Galicia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, valorou o precedente do Estatuto do 36 na consecución do actual status do galego. Fíxoo na súa participación na presentación do libro Portela Valladares: Ante el Estatuto, de Manoel Carrete Rivera, que se celebrou no Castelo de Castro Caldelas.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Tribunal Constitucional desestimou un conflito de competencias presentado polo Goberno vasco contra a LOMCE que consideraba que o Estado invadía competencias en materia educativa ao impoñer un "tratamento análogo" entre éuscaro e castelán na Educación Primaria
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
A Consellería de Cultura e Turismo e a Universidade do Algarve renovaron o seu acordo de colaboración, ao que se destinaron 12 000 euros, para a docencia, a investigación e a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas.
Fonte: Crónicas de la Emigración
O Instituto Nacional de Administración Pública convoca, por vez primeira, un curso que engloba todas as linguas cooficiais, isto é, galego, catalán, éuscaro e valenciano. Trátase dunha actividade formativa en liña dirixida ao funcionariado que se impartirá entre o 14 de xaneiro e o 13 de setembro de 2019.
Fonte: El Confidencial Autónomico
O Premio Luis Porteiro Garea á promoción e uso do galego na Universidade de Santiago de Compostela ten como obxectivo recoñecer publicamente o labor de persoas ou organizacións a prol da normalización do uso do galego nesta institución.
O Pazo de Raxoi acolleu unha reunión á que asistiron cargos municipais dunha vintena de concellos galegos con responsabilidade na política lingüística, tanto técnicos como políticos. O obxectivo desta xuntanza foi impulsar a creación da Asociación de Entidades Locais pola Lingua para desenvolver proxectos conxuntos de normalización da lingua galega.
Subscríbase ao boletín