O ministro de Educación de Ghana asinou un acordo coa Organización Internacional da Francofonía para promover a lingua francesa como segunda lingua oficial do país.
Fonte: Language Magazine
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O ministro de Educación de Ghana asinou un acordo coa Organización Internacional da Francofonía para promover a lingua francesa como segunda lingua oficial do país.
Fonte: Language Magazine
O ministro do Interior de Francia, Édouard Philippe, ordenoulles aos membros do seu goberno que non empreguen a linguaxe inclusiva en escritos oficiais para non contradicir a regra da lingua francesa que obriga a usar o masculino como xenérico.
Fonte: Le Monde
A Generalitat vai revisar por primeira vez o seu modelo de inmersión lingüística nas aulas, un sistema que leva funcionando en Cataluña desde hai 30 anos e que prioriza o catalán como lingua habitual nas clases. Agora, o Goberno estuda intervir para reforzar con máis horas de castelán para o alumnado de contornos catalanfalantes.
Fonte: El País
A Consellería de Cultura e Turismo, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e mais do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), apoia o I Maratón Internacional de Creación de Curtametraxes Kino Galicia, que se celebrará no CGAC do 29 de outubro ao 3 de novembro.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Pedanía das Médulas, en Carucedo, acolleu a entrega dos I Premios Morales para a Promoción da Lingua Galega no Bierzo. Tras os pasos de Morales: os magostos, convocados no marco do Programa de Promoción da Lingua Galega no Bierzo que coordina desde a Xunta de Galicia a Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A ministra de Patrimonio do Canadá, Mélanie Joly, quere que as linguas indíxenas pasen a ser recoñecidas como un dereito constitucional para todos os seus falantes e crear unha oficina que vele polo súa protección.
Fonte: Language Magazine
O primeiro ministro de Xamaica, Andrew Holness, quere que o español se converta en segunda lingua do país co obxectivo de favorecer os crecentes investimentos procedentes de países como España.
Fonte: Caribbean 360
O FC Barcelona e o Instituto Ramon Llull renovaron ata 2020 o acordo de colaboración que manteñen desde o ano 2012 para a realización conxunta de actividades destinadas á proxección exterior da lingua e a cultura catalás nas universidades estranxeiras.
Fonte: La Vanguardia
A Plataforma per la Llengua presentou Apparella't, unha nova aplicación coa que crear parellas lingüísticas que estarán formadas por un voluntario que fale catalán fluído e un aprendiz que quere perfeccionar esta lingua.
Fonte: Cadena Ser
A Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística (AFNL) convida a todos os concellos galegos a festexar o Día da Restauración da Memoria Lingüística de Galicia. En concreto, anímaos a galeguizar os rótulos dos cemiterios e colocar placas conmemorativas.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Subscríbase ao boletín