Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    18 de outubro de 2018

    O concelleiro de Normalización Lingüística reuniuse coa plataforma Castelló per la Llengua para presentarlle os plans da súa concellería para 2019, ano no que buscarán afianzar tres proxectos para promover o uso do valenciano: a publicación Club Millaret, unha campaña de dinamización lingüística no ámbito do comercio e un convenio con Escola Valenciana. 

    Fonte: Levante

    18 de outubro de 2018

    O avogado e ex-conselleiro Carles Mundó recibirá de mans do Consello da Avogacía Catalá o Premio Agustí Juandó i Royo, un galardón que recoñece o labor de entidades ou persoas a prol do uso do catalán no ámbito xurídico.

    Fonte: La Vanguardia

    18 de outubro de 2018

    EH Bildu presentou no Parlamento vasco unha proposición de lei para garantir a gratuidade na aprendizaxe oficial de éuscaro ata un nivel de coñecemento equivalente ao B2 do marco común europeo de referencia para as linguas.

    Fonte: El Diario.es

    18 de outubro de 2018

    Estas xornadas, organizadas pola Deputación da Coruña, pretenden servir de oportunidade para facer diagnose, analizar a situación actual e, desde aí, continuar o camiño da normalización lingüística do galego. Celebraranse un total de catro sesións, en diferentes datas e lugares, cada unha dedicada a un tema diferente: relación entre lingua e políticas públicas, memoria, transmisión non familiar e xéneros.

    Fonte: Deputación da Coruña

    18 de outubro de 2018

    O Instituto de Estudos Cataláns celebra o 19 de outubro en Barcelona a primeira Fes-te de la Llengua, coa finalidade de mostrar o carácter expresivo e lúdico do catalán. Esta primeira edición estará dedicada ao colectivo do profesorado que imparte esta lingua, así como aos estudantes de Filoloxía Catalá.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    18 de outubro de 2018

    As datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega dos niveis Celga 4 e 2 serán o 17 e o 24 de novembro de 2018 respectivamente.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    18 de outubro de 2018

    Na modificación da súa relación de postos de traballo, o Concello de Val do Dubra suprimiu a praza de técnico/a de normalización lingüística, que transformou nun posto de técnico/a de Administración xeral. Desde a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) solicítanlle que rectifique, xa que este municipio conta con servizo lingüístico desde o ano 2002.   

    18 de outubro de 2018

    A segunda edición de ‘Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra’ bota a andar o vindeiro mércores, 24 de outubro, en 15 concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL). A iniciativa, posta en marcha o ano pasado con grande éxito de acollida de participación, ofrece outros tantos encontros en aberto dirixidos á cidadanía en xeral nos que persoal técnico especialista en toponimia pon en valor a microtoponimia, co obxectivo de concienciar sobre a importancia e a necesidade da xeorreferenciación e xeolocalización deste patrimonio inmaterial.

    17 de outubro de 2018

    A escritora irlandesa Anna Burns acaba de conseguir un dos maiores premios literarios en lingua inglesa, o Man Booker, pola súa novela Milkman.

    Fonte: The Guardian

    17 de outubro de 2018

    Un programa do goberno do estado australiano de Victoria promoverá a aprendizaxe de idiomas indíxenas e da lingua de signos en 29 centros de ensino infantil de todo o estado.

    Fonte: The Age

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder