Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    15 de outubro de 2018

    O Goberno de Navarra vai expoñer, ao longo do mes de novembro, as propostas dos plans sobre o uso do éuscaro nas Administracións públicas navarras. O obxectivo é que, ao longo dese período, se inclúan as modificacións e as melloras pertinentes. 

    Fonte: Noticias de Navarra

    15 de outubro de 2018

    A Xunta pola Defensa da Lingua Asturiana insiste na necesidade dunha reforma estatutaria, que permita recoñecer os dereitos lingüísticos e facilitar a supervivencia do asturiano no futuro.

    Fonte: La Nueva España

    15 de outubro de 2018

    Trece iniciativas galegas e portuguesas sumáronse á iniciativa Galilusofonía, presentada en Pontevedra no marco do Festival Cantos na Maré. Trátase dunha rede que busca a unión de esforzos para impulsar as relacións lingüístico-culturais entre Galicia e os países lusófonos a través da música e a arte.

    Fonte: Galicia Confidencial

    12 de outubro de 2018

    A Academia Angolana de Letras solicitoulle ao Goberno de Angola que non ratifique o Acordo Ortográfico da Lingua Portuguesa antes de que se faga unha revisión deste.

    Fonte: África 21 Digital

    12 de outubro de 2018

    A aplicación para a aprendizaxe de linguas Duolingo acaba de incluír o hawaiano á súa lista de idiomas. Con esta nova incorporación, son xa 37 as linguas que se poden aprender nesta plataforma.

    Fonte: NBC News

    11 de outubro de 2018

    Dez novos bolseiros en formación inician estes días a súa actividade investigadora no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH). O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, deulles a benvida, acompañado polo coordinador científico do centro, Manuel González, e polos directores dos proxectos de investigación que coordinarán o seu labor ata o ano 2020.

    11 de outubro de 2018

    A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, programa esta fin de semana a nova actividade 'Asubíos', no marco do programa FalaRedes, no concello pontevedrés de Forcarei.

    Fonte: Xunta de Galicia

    11 de outubro de 2018

    Ttap chega a Navarra despois de dar os seus primeiros pasos en Biscaia e Guipúscoa e, se funciona ben, terá unha edición nesta comunidade no ano 2019.

    Fonte: Noticias de Navarra

    11 de outubro de 2018

    O Concello de Castelló impulsa un novo concurso de vídeos para promover a normalización do valenciano. Este certame vén precedido dunha exitosa edición do ano anterior na que participaron 26 traballos e o gañador obtivo un premio económico de 3500 euros.

    Fonte: El Periódico Mediterráneo

    10 de outubro de 2018

    As universidades do País de Gales rexistraron un preocupante descenso no número de matrículas en carreiras relacionadas co estudo de linguas estranxeiras. Este ano só 80 estudantes se inscribiron en licenciaturas lingüísticas, fronte aos 120 do ano anterior.

    Fonte: BBC

     

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder