Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    06 de xullo de 2018

    Os expertos participantes no I Curso de Verán que o Instituto Cervantes celebra en Madrid certificaron a boa saúde da lingua española no mundo mais defenderon a necesidade de que a lingua se adapte aos retos actuais que supón o uso da internet.

    Fonte: El Universal

     

    06 de xullo de 2018

    Os lingüistas participantes da LV edición dos Cursos Internacionais de Verán de Lingua e Cultura Españolas da Universidade de Salamanca defenderon no acto de presentación a condición panhispánica dunha lingua que naceu en España pero que non pertence en exclusiva a este país.

    Fonte: La Vanguardia

    06 de xullo de 2018

    Falaredes, o programa de dinamización lingüística promovido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, leva Os Bolechas ás comarcas de Vigo e da Mariña Lucense.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

     

    06 de xullo de 2018

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na rolda de prensa celebrada no Casino de Santiago para presentar o período de votacións do XIII premio Novela Europea Casino de Santiago. Residentes, estudantes e persoas que traballen na capital de Galicia poden elixir ata entre obras de Manuel Rivas, Juan Gómez-Jurado, Clara Usón, Jonathan Coe e John Banville.

    06 de xullo de 2018

    Unha nova campaña acaba de reactivarse en Twitter para pedir á multinacional Ikea que inclúa o galego no servizo de atención ao cliente e no seu sitio web. O galego non está ao mesmo nivel que linguas como o éuscaro, o catalán e mesmo o inglés que si contan con tales servizos.

    Fonte: Galicia Confidencial

    06 de xullo de 2018

    A nova lei de política lingüística aprobada en Sardeña que supón a oficialización da lingua sarda protexerá outras variedades lingüísticas faladas na rexión como o lígur, un dialecto do corso e o catalán.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

     

     

     

     

    06 de xullo de 2018

    A provincia canadense da Illa do Príncipe Eduardo quere mellorar o servizo de atención sanitaria promovendo o uso do francés entre os pacientes e organizacións do ámbito da saúde.

    Fonte: Journal Pioneer

    06 de xullo de 2018

    Un estudo publicado no Centro de Investigacións Pew revelou que a pesar de que un 85 % dos pais latinos falan español aos seus fillos e fillas, o dominio desta lingua decae co paso das xeracións.

    Fonte: Language Magazine

    05 de xullo de 2018

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de descuberta da placa conmemorativa das primeiras sentenzas ditadas en lingua galega nos xulgados da Estrada polo maxistrado Fernando Fernández Leiceaga.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    05 de xullo de 2018

    No acto de posesión do seu cargo como presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez falou das liñas clave do que vai ser o seu labor á fronte da institución, entre as que destacou a súa aposta por estreitar lazos co mundo lusófono.

    Fonte: Galicia Confidencial

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder