Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    10 de outubro de 2018

    A Generalitat aproba un decreto que recoñece a equivalencia do certificado de linguaxe xurídica en catalán que imparten as universidades de Cataluña e fomenta que os profesionais do sector utilicen esta lingua na Administración de Xustiza e coñezan o léxico especializado.

    Fonte: Generalitat de Cataluña

    10 de outubro de 2018

    Varios expertos da lingua galesa visitaron Euskadi para coñecer o labor en materia de euscaldunización de persoas adultas e de fomento do éuscaro na universidade. Para iso reuníronse con representantes de diferentes entidades relacionadas con estes dous ámbitos.

    Fonte: Gobierno Vasco

    10 de outubro de 2018

    O Concello de Belfast acaba de nomear un oficial de gaélico irlandés que se ocupará da promoción desta lingua tanto no ámbito municipal como entre a cidadanía. O ente local designou tamén unha persoa encargada da promoción do escocés do Úlster.

    Fonte: BBC

    10 de outubro de 2018

    Baixo o lema "Pasa tempo co galego", o Equipo de Normalización Lingüística do instituto Castro Alobre pon en marcha unha campaña de animación ao uso do galego na hostalería a través duns panos de mesa con sopas de letras e labirintos.

    Fonte: Faro de Vigo

    10 de outubro de 2018

    O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publicou a aprobación, por parte do Concello de Mondariz, da súa Ordenanza para o impulso social da lingua galega.

    Fonte: CTNL

    10 de outubro de 2018

    O departamento do éuscaro do Concello de Azkoitia outorgará unhas axudas, que poderán acadar ata os 600 euros, para que os establecementos comerciais poidan ter a súa web, programas informáticos, publicidade ou rotulación exterior nesta lingua. Estes comercios tamén terán a posibilidade de solicitar o servizo de tradución e corrección de textos.

    Fonte: Diario Vasco

    10 de outubro de 2018

    A Deputación da Coruña e a Real Academia Galega asinaron un acordo polo que o organismo provincial achegará 50 000 para iniciativas encamiñadas ao estudo e a promoción do galego, como os cursos de verán para estudantes estranxeiros, proxectos relacionados coa celebración das Letras Galegas ou publicacións.

    10 de outubro de 2018

    O Goberno de Navarra, a través do Instituto Navarro do Éuscaro, convoca axudas para a aprendizaxe desta lingua entre persoas adultas. Esta nova iniciativa forma parte dos obxectivos presentes no I Plan Estratéxico do Éuscaro.

    Fonte: Diario de Navarra

    09 de outubro de 2018

    Un estudo pioneiro en Luxemburgo centrado no estímulo da linguaxe oral mostra que o ensino e estudo da lingua materna pode axudar nenas e nenos de ascendencia portuguesa a aprenderen outras linguas oficiais como o luxemburgués.

    Fonte: Açoriano Oriental

    09 de outubro de 2018

    Con motivo dun evento na Escola Portuguesa en Dili, capital de Timor Leste, a secretaria de Estado de Asuntos Exteriores de Portugal, Teresa Ribeiro, defendeu a importancia do ensino e dominio da lingua portuguesa para mellorar as opcións da xente nova á hora de acceder a un mercado laboral global.

    Fonte: Observador

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder