Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    08 de outubro de 2018

    A Obra Cultural Balear reuniu a Rede Territorial pola Lingua para preparar as mobilizacións a prol da recuperación do catalán no arquipélago. Así mesmo, a reunión serviu para coordinar as actividades que van realizar e preparar dúas campañas: unha no ámbito da lingua e outra no da cohesión social. 

    Fonte: UH Noticias

    08 de outubro de 2018

    Google acepta publicidade en 44 linguas, entre as que figura o español, o portugués ou o catalán, pero non o galego. Así o denunciou a organización do festival Cantos na Maré que non puido contratar unha campaña para difundir a celebración deste evento.

    Fonte: Praza Pública

    05 de outubro de 2018

    Diferentes colectivos de defensa do gaélico irlandés demandaronlle ao Goberno de Irlanda que aprobe un programa que garanta investimento suficiente para preservar a lingua e crear postos de traballo nas zonas onde se fala.

    Fonte: The Irish Times

    05 de outubro de 2018

    Un comité da Asemblea do País de Gales quere que a lingua de signos británica se converta no primeiro idioma dos escolares galeses xordos. Actualmente, a lingua de signos considérase só un idioma minoritario.

    Fonte: ITV

    05 de outubro de 2018

    A Asociación Lingua Nacional, coa colaboración da Dirección Xeral de Política Lingüística, convoca a  primeira edición dun premio para proxectos empresariais de calquera territorio de fala catalá que mostren o seu compromiso co catalán e axuden na extensión e o uso correcto desta lingua.

    Fonte: Generalitat de Cataluña

    05 de outubro de 2018

    A sétima edición dos premios Pompeu Fabra, correspondente ao ano 2018, recoñece o labor da Asociación de Escritores en Lingua Catalá, os profesores Mila Segarra e Jordi Mir, os establecementos König, a Asociación de Publicacións Periódicas en Catalán, o presentador de televisión Halldór Már e o voluntario lingüístico Ramon Rom Sagristà.

    05 de outubro de 2018

    Un grupo de estudantes de Filoloxía Galega puxo en marcha unha iniciativa, que reuniu en poucas horas centos de apoios, para que o termo “pintabeizos” se inclúa no Dicionario da Real Academia Galega, no cal se recollen as opcións ‘barra de labios’ e ‘lapis de labios’.

    Fonte: Sermos Galiza

    05 de outubro de 2018

    O Consello de Organizacións Sociais do Éuscaro, Kontseilua, defende que a lei foral relativa a esta lingua inclúa principios fundamentais como son a oficialidade, a normalización lingüística e os dereitos lingüísticos.

    Fonte: Noticias de Navarra

    05 de outubro de 2018

    O II Premio Luís Porteiro Garea ten como obxectivo recoñecer publicamente o traballo de persoas ou organizacións que traballan a prol do uso do galego na Universidade de Santiago e homenaxear a figura do profesor que lle dá nome, quen pronunciou en 1915 a primeira lección en galego no ámbito universitario.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    05 de outubro de 2018

    O Parlamento de Nova Zelandia anunciou que reducirá o tempo destinado á interpretación en lingua de signos nas sesións de preguntas orais. A medida responde a unha necesidade de non monopolizar estes servizos para que os profesionais poidan ofertalos tamén noutros ámbitos como os da saúde ou a xustiza.

    Fonte: Scoop

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder