Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    01 de outubro de 2018

    Un total de 75 entidades sen ánimo de lucro da provincia de Pontevedra conseguiu financiamento para actividades de dinamización lingüística relacionadas con catro eixes: fomento da creación en galego; sociolingüística e toponimia; promoción do galego no comercio e na industria; e recoñecementos e distincións.

    Fonte: Deputación de Pontevedra

    01 de outubro de 2018

    Segundo unha enquisa elaborada polo Clúster de Sociolingüística, o emprego do éuscaro nas rúas de Azkoitia aumentou un 7,6 % entre 2014 e 2018, de maneira que case o 70 % da poboación se expresa nesta lingua.

    Fonte: Noticias de Gipuzkoa

    01 de outubro de 2018

    Os secretarios xerais de Cultura, Anxo M. Lorenzo Suárez, de Política Lingüística, Valentín García Gómez, e da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañados pola directora xerente da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez Reboredo, recibiron os 18 alumnos e alumnas e os dous profesores do Instituto Santiago Apóstol de Buenos Aires que se encontran de viaxe de estudos en Galicia.

    01 de outubro de 2018

    O coro vigués Son de Acacias cantará a primeira misa en galego na igrexa da Natividade de Belén o vindeiro 7 de decembro, no marco dunha viaxe de intercambio cultural a Xerusalén que conta co apoio da Consellería de Cultura e Turismo.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    01 de outubro de 2018

    O concello coruñés de Fene acolleu a estrea de Asubíos, a nova peza teatral de dinamización lingüística do programa FalaRedes, “no marco dunha xira de funcións exclusiva para a Rede de Dinamización Lingüística (RDL) que percorrerá 20 localidades galegas ata decembro”. O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, na rolda de prensa da súa presentación, destacou que o FalaRedes “é o programa de dinamización lingüística máis consolidado nas axendas culturais dos concellos”.

    28 de setembro de 2018

    O Ministerio de Pobos do Pacífico do Goberno de Nova Zelandia organiza actividades variadas co fin de conmemorar a Semana da Lingua Tuvalesa que conta cuns 3500 falantes no país insular.

    Fonte: Community Scoop

    28 de setembro de 2018

    O Instituto Portugués do Oriente organiza na cidade chinesa de Macau un encontro internacional con docentes de portugués que tenta analizar o crecemento da lingua a nivel mundial.

    Fonte: Diário de Notícias

    28 de setembro de 2018

    Segundo unha enquisa, cada vez máis aplicacións de mensaxería instantánea inclúen o catalán na súa oferta lingüística, entre elas WhatsApp, Skype, Google Hangouts, Facebook Messenger, Snapchat, Telegram e Yahoo.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    28 de setembro de 2018

    Estes incentivos fiscais para o sector audiovisual, que se aplicarán en 2019, chegarán ao 30% para o caso das producións vascas ou estatais e ao 40% para as que se roden en éuscaro.  

    Fonte: Noticias de Gipuzkoa

    28 de setembro de 2018

    El Tecnològic é unha evolución do portal PCatalà e ofrece contidos sobre o mundo dixital en catalán, como noticias, trucos e titoriais.  

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder