A Capela Real do Hostal dos Reis Católicos acolleu a presentación do volume que recolle, traducidos ao galego, O profeta e O xardín do profeta, do autor libanés Gibran Khalil Gibran. A publicación é o resultado da colaboración entre a Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Fundación Araguaney e Teófilo Edicións.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Tanto o sitio en liña da Escola Virtual do Goberno do Brasil como algunhas universidades ofrécenlles aos cidadáns brasileiros a oportunidade de aprender de xeito gratuíto a lingua de signos.
Fonte: R7
A Conferencia de Asembleas Lexislativas Rexionais Europeas (CALRE) propuxo a creación dunha axencia europea que promova o multilingüismo e vele polos dereitos dos falantes de todas as linguas de Europa.
Fonte: La Vanguardia
A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Educación conmemorou, como cada 26 de setembro, o Día Europeo das Linguas. Fíxoo nun acto organizado en colaboración co Instituto Camões de Vigo que contou coa participación do secretario xeral Valentín García; de Ignacio López-Chaves, delegado territorial da Xunta en Vigo, e de Carla Sofia Amado, directora do Instituto Camões.
O presidente da Generalitat de Cataluña presentou o plan do seu Goberno en materia cultural e lingüística, no que se consolida o apoio ao catalán e ao aranés a través de diferentes medidas que fomentan a aprendizaxe e o uso destas linguas.
Fonte: La Vanguardia
A Federación Estatal de Ensinanza de Comisións Obreiras quere reunirse coa nova titular do Ministerio de Educación para solicitar a creación da especialidade docente de lingua asturiana.
Fonte: Europa Press
A Asociación de Amigas e Amigos da Galipedia e Coñecemento Libre (A3Gal) pretende apoiar a actividade voluntaria dos colaboradores galegofalantes na Wikipedia, así como todo o coñecemento libre en galego.
Fonte: Código Cero
A obra Extraordinario, do escritor Antón Lopo, resultou gañadora da XII edición do Premio Narrativa Breve Repsol. Así o comunicou en rolda de prensa o voceiro do xurado, Xoan Babarro, escritor e académico correspondente da Real Academia Galega (RAG).
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Xosé María Álvarez Cáccamo, Luz Darriba, o Festival Internacional de Outono de Teatro-FIOT, o grupo A Roda, o Festival de Cans, Antón Santamarina, a Asociación O Sorriso de Daniel e Ramón Villares son os galardoados dos Premios da Cultura Galega 2018. Os premiados foron distinguidos nas modalidades de Letras, Artes Plásticas, Artes Escénicas, Música, Audiovisual, Lingua, Patrimonio Cultural e Proxección Exterior, respectivamente, por un xurado que estivo presidido polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez.
A Consellería de Cultura e Educación presenta unha nova edición, a sétima, do Obradoiro Internacional de Tradución Poética Con barqueira e remador, que terá lugar na Illa de San Simón entre o 1 e o 6 de outubro e na que participan, coordinados pola poeta e dinamizadora cultural galega Yolanda Castaño, outros seis autores procedentes de lugares tan dispares como Galicia, o País Vasco, Portugal, Alemaña, India e Iraq.
Boletín
Subscríbase ao boletín

