Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    27 de xuño de 2018

    Esquerra Unida esixe que o Parlamento Europeo, o Consello da Unión Europea e a Comisión Europea recoñezan como oficiais as linguas que se inclúen na Carta Europea das Linguas Minoritarias ou Rexionais, entre as que se atopa o valenciano.

    Fonte: Levante

    26 de xuño de 2018

    A mancomunidade de municipios do País Vasco francés, Euskal Elkargoa, aprobou por maioría absoluta recoñecer, xunto ao francés, o éuscaro e o gascón como linguas do seu territorio.

    Fonte: Eitb

    26 de xuño de 2018

    Sae á luz o primeiro volume do dicionario do idioma zapoteco que inclúe vocábulos de 62 variantes desta lingua do estado mexicano de Oaxaca.

    Fonte: Almomento

    26 de xuño de 2018

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na inauguración do curso "Galego, porta aberta para o mundo", unha acción formativa dirixida pola profesora Teresa Moure e incluída nos cursos de verán da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    26 de xuño de 2018

    O Concello de Soraluze e varias asociacións renovan o convenio 'Gure elkartian be euskaraz bai' co obxectivo de aumentar o uso do éuscaro nestas entidades.

    Fonte: El Diario Vasco

    26 de xuño de 2018

    O Voluntariado pola Lingua, impulsado desde a Generalitat de Cataluña, formou nestes quince anos máis de 125 000 parellas lingüísticas.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    26 de xuño de 2018

    Resólvese a convocatoria da Secretaría Xeral de Política Lingüística para realizar proxectos de innovación en dinamización lingüística nos centros de ensino públicos durante o curso académico 2017/2018. Os centros premiados recibirán 2000 euros para executar os seus proxectos.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    26 de xuño de 2018

    O obxectivo desta Euskarabentura é que a mocidade afonde na xeografía, a historia, a cultura e as realidades sociolingüísticas dos lugares que visiten.

    Fonte: Eitb

    25 de xuño de 2018

    Actualmente menos de 500 persoas poden falar córnico con fluidez. Co fin de aumentar esta cifra e asegurar a supervivencia da lingua, algunhas escolas de educación primaria de Cornualles introducen o ensino do córnico como parte do seu currículo.

    Fonte: ITV

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder