El Tecnològic é unha evolución do portal PCatalà e ofrece contidos sobre o mundo dixital en catalán, como noticias, trucos e titoriais.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
El Tecnològic é unha evolución do portal PCatalà e ofrece contidos sobre o mundo dixital en catalán, como noticias, trucos e titoriais.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O BNG de Cambados ten previsto tratar no pleno de outubro unha proposta de ordenanza para o fomento do galego na Administración local que recollerá, entre outros aspectos, a posibilidade de crear un consello social da lingua.
Fonte: Faro de Vigo
O presidente da República de Portugal, Marcelo Rebelo da Sousa, defendeu perante a Asemblea Xeral das Nacións Unidas o seu apoio a converter o portugués en lingua oficial da organización.
Fonte: RTP
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou, no Museo da Madeira e do Moble da Estrada (MOME), na presentación do conto infantil Chitón ata a fin da terra.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, desprazouse ao Centro Cultural Vista Alegre da Bandeira, en Silleda, para participar na presentación do volume Pico Sacro. Ferido polo lóstrego e a lenda.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A oficina estatística da Unión Europea, Eurostat, revelou que polo menos o 65 % das persoas en idade de traballar dos estados membros fala como mínimo unha lingua estranxeira. Un total de 8 estados (Suecia, Letonia, Dinamarca, Lituania, Luxemburgo, Finlandia, Malta e Estonia) teñen unha porcentaxe superior ao 90 %.
Fonte: Eurostat
O concello coruñés de Lousame acolle estes días a mostra María Victoria Moreno: paisaxes e personaxes, que visitaron o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e mais a alcaldesa, Teresa Villaverde.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Rede de Técnicos Municipais de Éuscaro, integrada por 34 profesionais, propuxo no Parlamento foral que todos os concellos navarros no prazo de 50 anos presten os seus servizos tanto en castelán como en éuscaro.
Fonte: Diario de Navarra
O proxecto Easy Catalan, para a aprendizaxe do catalán que se fala na rúa, xa publicou o seu primeiro vídeo nas redes sociais. Nel móstranse entrevistas con falantes reais desta lingua gravadas nas rúas de Andorra a Vella.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O informe “A lingua no CEIP Agro do Muíño”, froito da colaboración entre o propio centro educativo, a Real Academia Galega e o Concello de Ames, constitúe un dos estudos sociolingüísticos máis completos realizados ata o momento nun centro escolar sobre o galego.
Subscríbase ao boletín