Xosé María Álvarez Cáccamo, Luz Darriba, o Festival Internacional de Outono de Teatro-FIOT, o grupo A Roda, o Festival de Cans, Antón Santamarina, a Asociación O Sorriso de Daniel e Ramón Villares son os galardoados dos Premios da Cultura Galega 2018. Os premiados foron distinguidos nas modalidades de Letras, Artes Plásticas, Artes Escénicas, Música, Audiovisual, Lingua, Patrimonio Cultural e Proxección Exterior, respectivamente, por un xurado que estivo presidido polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A Consellería de Cultura e Educación presenta unha nova edición, a sétima, do Obradoiro Internacional de Tradución Poética Con barqueira e remador, que terá lugar na Illa de San Simón entre o 1 e o 6 de outubro e na que participan, coordinados pola poeta e dinamizadora cultural galega Yolanda Castaño, outros seis autores procedentes de lugares tan dispares como Galicia, o País Vasco, Portugal, Alemaña, India e Iraq.
Unha multitude de actividades conmemorará o Día Europeo das Linguas que como cada ano organiza o Consello de Europa e a Unión Europea o 26 de setembro.
Co fin de integrar as comunidades indíxenas nos procesos electorais, o Tribunal Rexional Electoral do estado brasileiro de Tocantíns traduciu folletos informativos ás linguas de catro pobos indíxenas.
Fonte: G1
O Servizo de Linguas e Terminoloxía, a Oficina de Relacións Internacionais e o Voluntariado Lingüístico da Universidade Jaume I organizan unha nova edición do UJIllengües, unhas xornadas que terán como obxectivo compartir linguas e fomentar os intercambios lingüísticos.
Fonte: El Periodic
O Consistorio donará 12 000 euros durante este ano para axudar a Real Academia da Lingua Vasca a realizar actuacións que promovan o éuscaro entre a cidadanía e para mellorar a calidade no uso desta lingua.
Fonte: ABC
A gala 'Unha lingua de premio' celébrase o 26 de setembro e ten por obxectivo “poñer en valor o papel que os premios de literatura, xornalismo e investigación tiveron historicamente no mantemento e normalización da lingua galega”.
Fonte: Culturagalega.org
O vindeiro 11 de outubro comezarán na Universidade de Vigo as clases de Tradución para a Industria do Videoxogo, o primeiro título propio de especialización neste eido que imparte unha universidade pública en España.
Fonte: Universidade de Vigo
Un total de 2100 alumnos e alumnas dos centros plurilingües de Galicia poderán acreditar o seu nivel de coñecemento lingüístico en lingua inglesa de acordo cos niveis B1 e B2 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL).
Fonte: Xunta de Galicia
A editorial Texto Editora anunciou a publicación dunha nova versión do Dicionario da Lingua Portuguesa que incluirá uns 3000 novos vocábulos e unha selección actualizada de verbos.
Fonte: Observador
Boletín
Subscríbase ao boletín


