Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    18 de setembro de 2018

    Varios dos escasos falantes nativos do crioulo portugués de Malaca en Malaisia levan a cabo diversas iniciativas para transmitirlles a lingua ás novas xeracións e impedir a súa extinción.

    Fonte: Aljazeera

    18 de setembro de 2018

    Na edición número 36 da Semana do Libro en Catalán participaron 190 selos editoriais, once librerías, dúas distribuidoras e sete institucións. Na feira presentáronse 250 novidades editoriais e máis de 350 autores en lingua catalá.

    Fonte: CatalunyaPress

    18 de setembro de 2018

    O sábado 22 de setembro celébrase en Vilaboa a primeira edición do Canteira Fest, un festival que ten como eixes centrais o feminismo e a música en galego.  

    Fonte: Deputación de Pontevedra

    18 de setembro de 2018

    Novas disciplinas como o crossfit, o surf, o montañismo, o baloncesto adaptado, o atletismo ou a natación súmanse á nova tempada do proxecto Euskal Kirolari, unha iniciativa coa que se pretende fomentar o uso do éuscaro no deporte, especialmente entre a xente nova, e a terminoloxía deportiva nesta lingua.  O proxecto baséase en dous eixes: o emprego das novas tecnoloxías e o protagonismo de deportistas de referencia.

    18 de setembro de 2018

    A Federación de Asociacións de Persoas Xordas (FAXPG) e a Xunta de Galicia apoiarán iniciativas que fomenten o recoñecemento oficial da lingua de signos galega, despois de que un estudo da Universidade de Vigo e da Asociación de Xordos desta cidade sinalase estas dúas entidades como as responsables directas desta falta de recoñecemento.

    18 de setembro de 2018

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acudiu ao Auditorio Gustavo Freire da Cidade das Murallas para participar na inauguración da Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo, que chega este ano á súa 40º edición.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    17 de setembro de 2018

    O Ministerio de Educación de Irlanda ofrecerá máis oportunidades de formación en linguas estranxeiras co fin de fomentar o ensino destas nos centros de educación secundaria.

    Fonte: Irishtimes

     

    17 de setembro de 2018

    Cada vez máis escolas de educación secundaria de Suíza están implantando o ensino bilingüe alemán-francés, sobre todo en zonas con boas porcentaxes de falantes das dúas linguas.

    Fonte: Swissinfo

    17 de setembro de 2018

    A Real Academia da Lingua Vasca-Euskaltzaindia será a máxima institución oficial do éuscaro no País Vasco francés, como en Euskadi e en Navarra, logo da sinatura dun convenio coa Mancomunidade Única de Iparralde, Elkargoa.

    Fonte: ABC

    17 de setembro de 2018

    O Executivo foral traballa para que nas convocatorias de postos de traballo para a Administración na zona non vascófona o éuscaro conte como mérito, igual que acontece co inglés, o francés e o alemán.

    Fonte: Navarra.com

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder