O Centro Recreativo Cultural de Xordos (CERECUSOR) elaborou a primeira terminoloxía do audiovisual en lingua de signos catalá acompañada dun Glosario audiovisual básico en formato vídeo que inclúe 300 termos.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O Centro Recreativo Cultural de Xordos (CERECUSOR) elaborou a primeira terminoloxía do audiovisual en lingua de signos catalá acompañada dun Glosario audiovisual básico en formato vídeo que inclúe 300 termos.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Concello de Vigo organiza unha nova edición do curso “Achégate ao galego, nivel básico”, dirixido a persoas, de dentro e fóra de Galicia, sen apenas coñecementos do idioma.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O Centro de Terminoloxía TERMCAT elaborou a versión en catalán de dúas normas técnicas, un traballo que se enmarca no acordo establecido coa Asociación Española de Normalización (UNE) e o convenio asinado entre a Deputación de Barcelona e a Generalitat de Catalunya para fomentar o uso do catalán no ámbito empresarial.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Da man do xornalista Carlos Pereiro nace a Revista Morcego, un proxecto xornalístico en galego, accesible en liña, dedicado aos videoxogos, que ofrece análises, reportaxes, artigos de opinión e novas de actualidade relacionadas con este tema.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) insta á creación dunha rede profesional e estable de servizos de normalización lingüística na Administración local, que conta con competencias nesta materia, mais exercidas de forma dispar nos diferentes concellos de Galicia.
Fonte: CTNL
A Xunta de Galicia, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, publica no Diario Oficial de Galicia a resolución do 7 de setembro de 2018, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2 e 4, no ano 2018 (ED114A).
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu na Real Biblioteca do Escorial á presentación das Cantigas de Santa María e da versión galega da General estoria de Afonso X o Sabio, acompañados da música en directo de Carlos Núñez.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Universidade Nacional de Irlanda en Galway desvelou diferentes medidas para o novo curso académico coas que pretende promover o uso do irlandés e ampliar os servizos que se ofrecen nesta lingua. Entre as medidas, saliéntase a reserva de prazas en residencias para falantes de gaélico irlandés.
Fonte: The Irish Times
O Alto Tribunal de Irlanda do Norte levantou a prohibición de empregar o gaélico irlandés en sinais da rede viaria no condado de Antrim e no distrito de Newtownabbey.
Fonte: The Irish News
O Instituto Cervantes de Belo Horizonte (Brasil) ofrecerá o curso acreditado "Catalán ou español? Algunhas características distintas” co fin de achegar os asistentes á lingua catalá por medio da análise de aspectos contrastivos co español.
Fonte: Bhaz
Subscríbase ao boletín